viernes, 2 de septiembre de 2011

Santalla converteuse nun gran espazo dinamizador dos xogos e deportes traidicionais, o pasado 27 de agosto



  • Os membros da organización queren agradecer a todas as institucións, entidades, empresas e persoas participantes e colaboradoras da Mostra a súa implicación neste proxecto con catro anos de vida. Sen dúbida sen a súa axuda non sería posible levar a cabo este proxecto ilusionante.
  • Asistiron ao evento membros do equipo de goberno do Concello de A Pontenova: Isabel Couto González (Tenente de Alcalde e concelleira de asuntos sociais), Salomé Alonso Novo (concelleira de cultura e deporte ) e Francisco Martínez Bermúdez (concelleiro de obras).
     
  • Os/as argalleiros/as”, organizadores da Mostra, amosaron unha vez máis que a unión fai e forza. Santalla, unha vila con apenas 14 casas e só 30 veciños/as conseguiu reunir a innumerables visitantes, moitos dos cales participaron activamente en todas as proposta lúdico-deportivas que ofrecía a Mostra.
  • Preto de 30 entidades dinamizaron a xornada con case 70 actividades diferentes.
  • O Club Deportivo 6 conceyos (Asturias) realizou exhibicións espectaculares ante o asombro das e dos asistentes.
  • O evento contou co apoio do Concello de A Pontenova, así como de varias empresas locais.
  • Entre as novidades deste ano destacou a exposición participativa da Casa de Los Juegos (Vila de Cruces) e as actividades de xogos tradicionais da Asociación Xotramu (Muimenta), así como unha exposición fotográfica sobre determinadas zonas rurais do Concello de A Pontenova elaboradas polo fotógrafo cántabro, Vicente Ansola, e contempladas tamén no seu libro “Os pobos das néboas”.



A Pontenova, 30 de agosto de 2011.- 
Por cuarto ano, a MOSTRA DE XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS que se celebrou en Santalla (A Pontenova) o sábado 27 de agosto, converteuse no evento de referencia para os afecionados/as e curiosos/as dos Xogos e Deportes Tradicionais.

O primeiro en comezar foi o Torneo de Bolo Celta, que debido ao grande número de participantes houbo que inicialo ás 10:00 horas

Ás 11:00 horas, tal e como estaba previsto iniciouse o Torneo de Chave.

Simultaneamente comezaron as actividades nas diferentes estacións en que estaban divididos os preto de 10.000 metros cadrados adicados á Mostra.

Sobre as 12:30 o Club Deportivo 6 conceyos realizou unha espectacular exhibición de corte de troncos en altura, con hachu, con tronzón entre outros, así como unha novidade deste ano que foi a realización de esculturas en madeira elaboradas con motoserra. Tamén conseguiron que as e os asistentes competiran entre si nas diferentas prácticas lúdico-deportivas que este club trouxo a Santalla.

A partir das 13:30 comezouse a servir o xantar para as preto de 200 persoas.

Unha vez rematado o xantar, iniciouse o Torneo de Billarda e continouse cos Torneos de chave e de Bolos.

O evento rematou cunha última práctica deportiva, o SOGA-TIRA, que nalgún momento, ata 100 persoas tiraban dun cabo ao outro da corda. Nenos/as, adultos/as e maiores mesturados cun único obxectivo: arrastrar aos de enfronte hacia o campo propio para conseguir unha grande ovación por parte do público asistente.

Esta IV Mostra rematou coa entrega de trofeos e agasallos e co recoñecemento a toda a organización polo traballo realizado.


--------------------------------------------------
Nota de prensa enviada por CLUB XOGOS E DEPORTES POPULARES E TRADICIONAIS DE SANTALLA
 
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.