lunes, 8 de agosto de 2011

Nino F. Pol

«Empecei a cantar en público nas festas de fin de curso»

Un ferreiro convertido a cantante que estuda na escola de música pontenovesa
m. cuadrado/ cervo / la voz 7/8/2011
Nino F. Pol, de profesión ferreiro e veciño de Riotorto, actuará esta noite na Praza do Souto, en Cervo, dentro da programación da once edición das Veladas do Souto. «A min sempre me gustou cantar e o iunque aos ferreiros sérvenos como instrumento musical», recoñece Pol, quen debutará hoxe (21.30 horas) como cantante fóra das aulas da escola de música da Pontenova, na que é o alumno de máis idade.

-¿Como se iniciou no mundo da música?
-Matriculeime na escola de música da Pontenova e agora estudo terceiro curso de guitarra. O alemán asentado en Santa Eulalia de Oscos, Reinhold Bohrer, tamén me propuxo que me unira ao coro da escola, e eu non o dubidei. Estou convencido de que si aos 16 anos tivera a oportunidade de estudar que teño agora, hoxe en día dedicaríame ao mundo da canción.
-¿Cando empezou a cantar en público?
-Empecei cantando en público nas festas de fin de curso da escola. Estreneime coa canción Granada, pasou o tempo e agora xurdiu a invitación de Paco Piñeiro para actuar no Souto. Xa teño outros concertos.
-¿Que temas interpretará hoxe?
-Adáptome ben a calquera tipo de música, pero hoxe interpretarei Zorongo, de García Lorca, Malagueña salerosa, La bien pagá, Triniá, Unha noite na eira do trigo, El abuelo Víctor, Angelitos negros e La morena de mi copla. Non teño cancións nin cantantes preferidos, aínda que me gusta a música clásica e a copla.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.