miércoles, 3 de agosto de 2011

IV Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais en Santalla



SANTALLA (A PONTENOVA) SERÁ DE NOVO, POR CUARTO ANO, O CENTRO DE ATENCIÓN DOS XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS DE TODA GALICIA, PORTUGAL, ASTURIAS e CASTELA-LEÓN,
O VINDEIRO 27 DE AGOSTO.

  • O Torneo Bolo Celta, o Torneo de Chave, o Torneo de Billarda, diferentes modalidades de Bolos, a espectacular exhibición de Corte de Troncos do Club Deportivo 6 conceyos (Asturias), conforman algunha das múltiples actividades lúdico-deportivas tradicionais de Galicia, Portugal, Asturias e Castela-León que se poderán ver e practicar o 27 de agosto en Santalla (A Pontenova).
  • Arredor de 20 entidades serán as encargadas de mostrar os xogos e deportes tradicionais máis destacados das súas respectivas zonas, así como de dinamizar a participación das e dos visitantes.


O evento desenvólvese na vila de Santalla, en varias parcelas duns 10.000 metros cadrados, rodeada de alpendres, cabozos, hórreos e monte, sen dúbida nun marco incomparable semellante aos espazos utilizados antigamente para a realización destes xogos e deportes.

O obxectivo desta IV edición da Mostra é consolidar as actividades dos tres anos anteriores. Preténdese tamén con este evento concienciar á cidadanía para que non esqueza os xogos e deportes que se practicaban antigamente, e non só iso, senón que os adultos e maiores ensinen aos nenos e nenas como se desenvolven estes xogos e deportes, que conforman o patrimonio lúdico, para que volvan a formar parte do seu tempo de lecer.

Outros puntos destacados son:
  • Arredor de 20 Entidades e máis de 150 deportistas de toda Galicia, Portugal, Asturias e Castela-León acudirán ese día para exhibir os xogos que practican nas súas zonas e ensinaranlles aos asistentes a orixe destes, o seu desenvolvemento e as súas variantes.
  • Preto de 70 xogos e deportes tradicionais poderanse ver e practicar na pequena vila de Santalla, no concello de A Pontenova o vindeiro 27 de agosto, dende as 11:00 horas ata a 13:30 e dende as 15:00 horas ata as 19:00 horas
PROGRAMA

Dende as 11:00 horas ata a 13:30 e dende as 15:00 horas ata as 19:00 horas todo o mundo que se achegue á Mostra poderá ir participando en todos os xogos e deportes.
      • Torneo Galego Individual de Bolo Celta. (IV torneo de Bolo Celta).
      • Torneo de Chave.
      • Torneo de Billarda.
      • Monta e cabalo.
      • Exhibicións deportes tradicionais de Galicia, Portugal, Asturias, e Castela-León.
      • Demostración de corte e talla en madeira con brosa e motoserra (pola Asociación 6 conceyos de Asturias).
      • Ás 19:00 horas entrega de trofeos e agasallos.
      • Etc.

En cada un dos xogos e deportes haberá monitores/as especializados/as para explicar o desenvolvemento dos mesmos.

Así mesmo, a ao longo de todo o día os Cabaleiros dos Gabeás ensinarán a todo o que desexe a montar a cabalo.


ENTIDADES PARTICIPANTES E ACTIVIDADES

FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS e CLUBS DE BOLOS

  1. Torneo Galego Individual de Bolo Celta.

LIGA GALEGA DE CHAVE E CLUBS DE CHAVE
  1. Torneo Galego de Chave.

ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL
  1. Aros.
  2. Pescar a botella.
  3. Birlos ao canteiro.
  4. Zancos.
  5. Tres en raia.
  6. Mariola.
  7. Ra.
  8. Trompo.
  9. Arrastrar a tartaruga.
  10. Exposición de CARRILANAS.
  11. Corda.
  12. Chapas.
  13. Chave de Santiago.
  14. Chave de Tui.
  15. Goma.
  16. Bólas.
  17. Tiro á lata.
  18. Tirapedras
  19. O xogo das olas.
  20. O ovo.
  21. Olas.
  22. Petanca
  23. Porca.
  24. Estornela.
  25. Roma.

ASOCIACIÓN CULTURAL LA TANGUILLA (CASTELA-LEÓN)
  1. Calva.
  2. Bolos de Villanueva de Gumiel.
  3. Tanguilla.
  4. Ferradura.

ASSOCIAÇÃO DE JOGOS TRADICIONAIS DA GUARDA (PORTUGAL)
  1. Espeto.
  2. Pedra.
  3. Ferro.
  4. Burro.
  5. Cantarinha.
  6. Prego
  7. Pião
  8. Piosca
  9. Rapa

CLUB DEPORTIVO 6 CONCEYOS (ASTURIAS)
  1. Carrera de sacos.
  2. Carrera de lecheres.
  3. Carrera de panolles.
  4. Tiru al palu.
  5. Corta de troncos con hachu.
  6. Corta de troncos con tronzón e castillete.
  7. Corta en altura.
  8. Dexabolu.
  9. La Llave.
  10. Tiru de cuerda.
  11. Sierra de viento.
  12. Lanzamiento de barra.
  13. Rana.
  14. Cuatreada.

ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA O VARAL (A MARIÑA)
  1. A Billarda ou Estornela.

CLUB DE BOLOS CAMPOCRUCEIRO (Pousada – A Pastoriza)
ASOCIACIÓN ARCASCO (Santa Comba de Órrea)
  1. Bolos en liña (entre 6 e 9 bolos en liña separados).

CLUB CRUCEIRO DE MEILÁN (Santa Marta – Riotorto)
  1. Bolos de lastra ou bolos en liña (9 bolos separados).

CLUB BOLOS XOVE (Xove)
  1. Bolos en Raia de Xove (10 bolos xuntos incrustados na base da lastra).

CLUB BOLOS O CADAVAL (Pacios, Castro de Rei)
  1. Bolos en liña, ao canteiro e bolos de Ourense.

CLUB XOGOS E DEPORTES POPULARES E TRADICIONAIS DE SANTALLA (A Pontenova)
  1. Bolos en liña (9 bolos xuntos).

CLUB BOLOS RIBATRA (Ribadeo, Barreiros, Trabada)
  1. Bolos en liña (10 bolos xuntos).
  2. Bolos ao canteiro (9 bolos separados formando un rombo).

CLUB AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA
  1. Chave modalidade Ferrolterra.

ASOCIACIÓN XOGADORES DA CHAVE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
  1. Chave modalidade Santiaguesa.

ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA DA CHAVE (OURENSE)
  1. Chave modalidade Ourensana.

CABALEIROS DOS GABEAS (A PONTENOVA)
  1. Monta a cabalo.

A afluencia desta cuarta edición estimase nunhas 2.000 persoas.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.