O
Spórting Pontenova segue fiel á súa filosofía de traballo con xente da
casa e “sen pagar”, segundo o seu adestrador, Dani Moirón.
O conxunto
gualdinegro comezará a adestrar o día 2 de agosto coa única cara nova de
Sergio Arango, procedente do equipo xuveníl pontenovés. A directiva do
conxunto da Mina está en conversas para recuperar para o equipo ó
centrocampista Luismi e ó central Bruno Bouza, que xa estiveran no
equipo nunha etapa anterior.
A escadra dos fornos contará coas únicas baixas de Gene e Carlitos por motivos persoais.
Dani Moirón
márcase como obxectivo non pasar apuros e vé como principais aspirantes
para competir polo ascenso a Primeira Autonómica a Sacido e Rioaveso e
ós descendidos Iberia, Folgueiro e Santaballés.