jueves, 23 de junio de 2011

<É un auténtico escándalo que os concelleiros socialistas podan cobrar ata 219.6 € en dietas por día.> Monica Rancaño, portavoz do BNG A Pontenova


Este mércores celebrouse o Pleno extraordinario de organización no Concello na Pontenova, no que entre outras cousas, se aprobaron as adicacións parciais do alcalde e do segundo tenente de alcalde, que serán de 3.675 € brutos ao mes no caso de Darío Campos e de 2.161 € no de Francisco Martínez, nos dous casos por unha adicación parcial.
            Desde o BNG da Pontenova, a súa portavoz, Mónica Rancaño, referiuse a este feito como “un síntoma da irresponsabilidade coa que actúa o PSOE da Pontenova. Esta decisión suporá case 100.000 € en custes salarais nun Concello que ten unha débeda a día de hoxe de 826.000 €”. E é que o Concello da Pontenova é un dos máis endebedados da Comarca da Mariña segundo datos recollidos polo Ministerio de Economía e Hacienda.
                       
            Tamén se tomou o acordo sobre os importes das indemnizacións por desprazamentos que serán de 0.26 € por Km, e dos das dietas que percibirán os Concelleiros do PSOE. Desde o BNG vese esta decisión como “un auténtico escándalo xa que os concelleiros socialistas poden cobrar ata 219.6 € en dietas por día. Desde o noso Grupo propúxose que se respetaran os importes que existen para os empregados públicos da Administración de Galiza: 0,19 € por Km, 102.56 € por aloxamento e 53.34 € por dietas, porque nos parecen importes máis cercanos a realidade e suficientes para compensar estas axudas de custe”.

            Rancaño tamén calificou como “abraiante e farisea a decisión de manter os soldos máis elevados de toda a Comarca da Mariña, e que o goberno de Darío Campos unicamente actúe sobre as aportacións aos Grupos Políticos xustificándose como un  aforro en tempos de crise, xa que na práctica o BNG recibirá 16.66 € ao mes, 25 € menos co que lle correspondería na última lexislatura”.

            Os plenos ordinarios celebraranse os últimos Xoves dos meses impares ás 20:00 h.
Fuente: Nota de prensa do BNG da Pontenova
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.