martes, 7 de junio de 2011

IV Concentración de Asociacións de sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia A PONTENOVA, 12 de xuño 2011


Se queres ver o programa, fotos, etc. pincha aquí!!!


PROGRAMA
DOMINGO 12 de xuño de 2011:
Percorrido das rutas programadas para a xornada:
- Ás 9.00 horas: concentración dos participantes na Praza dos Fornos
- Ás 09.30 horas: saída dos autobuses con destino ós puntos de inicio das rutas:
  •  Ruta circular con saída da Praza dos Fornos con visita á galería da Mina Consuelo, a continuación baixada á estrada de Taramundi polo Pico do Castelo. Ao chegar á estrada collemos á dereita en dirección a Conforto e a uns 400 m. desviarémonos á esquerda pola estrada de Figueirúa uns 150 m ata atopar na marxe dereita o túnel do Boulloso que serviu a principios do século pasado para trasladar o mineral de ferro ata o cargadeiro do Boulloso no outro lado da montaña. Unha vez cruzado o túnel chegaremos á Fonte do Boulloso, xa na Vía Verde o Eo, que percorreremos en dirección A Pontenova nuns 150 m. ata a ponte de madeira situada no Reguengo, preto da piscina. Chegado á ponte cruzaremos o río Eo e xa estamos na Ruta da Férrea que percorreremos completa para rematar de novo na Praza dos Fornos.
  •  Ruta da Fraga de Reigadas , con saída de Ponte de Paradela. Faremos a parte máis baixa da Ruta da Fraga de Reigadas. Iniciaremos o camiño no entorno da Ponte de Paradela e metémonos de cheo no bosque autóctono, acompañados sempre do son do río que teremos que cruzar en varias ocasións. Neste tramo non pisaremos asfalto ata chegar á Ferrería de Bogo. Saíndo da Ferrería e despois dunha pequena subida deixaremos á dereita a aldea de San Pedro de Bogo, baixaremos ata o Machuco onde se atopa o establecemento de Turismo Rural Casa do Fidalgo. Continuaremos cara a Muiñou, a onde chegaremos despois de cruzar unha curiosa ponte de dous troncos. De Muiñou a Panturreira alternaremos sendeiros e asfalto e seguiremos ata a aldea de Vilaeimil, onde pasaremos pola Caenlla para ver un espectacular conxunto de hórreos e cabazos autóctonos. Pasado Vilaeimil xa baixamos cara a Ermida onde esperarán os autobuses no entorno da Tenda de Manolo.
- As 14.00 horas: Remate da xornada cun refrixerio con bolas de liscos, bolos preñados e bebidas.
- Ás 16 .30 horas:
  • Sorteo de prendas deportivas de trekking entre tódolos participantes.
  • Sorteo de SEIS estancias de FINS DE SEMÁN en establecementos locais entre os participantes non residentes na Pontenova.

FOTOS


    INSCRICIÓNS
    Data límite: 9 de xuño de 2011
    Lugar: Oficina de Turismo da Pontenova
                A Estación
    Teléfono: 982 34 21 01
    Por Fax: 982 34 20 51
    Por e-mail: participa@concellodapontenova.org;
    turismo@concellodapontenova.org
    sociedadedeportivaalbions@gmail.com
    turismopontenova@gmail.com


    ORGANIZAN:





    COLABORAN:
    A Tenda de Manolo Tlf. 982338118

    Apart. A Casa Nova Tlf. 628422557
    Apart. A estación Tlf. 697965270
    Casa do Fidalgo Tlf. 982338045
    Hostal Navia Tlf. 982342375
    Hostal Río Eo Tlf. 982342359
    Hotel San Briz Tlf. 982342389


    VOLVER A PONTENOVA.ES
    Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.