jueves, 19 de mayo de 2011

Programa electoral do PP da Pontenova

O PP de A Pontenova presenta para estas vindeiras eleccións municipais un Programa Electoral ambicioso pero realista, centrado nos intereses dos veciños, feito por e para os veciños e veciñas e conscientes de que para arranxar os problemas e facer que A Pontenova “despegue”  fai falta experiencia, capacidade, ilusión e moitas ganas de traballar.

Así, o Programa Electoral do PP de A Pontenova organízase en dez grandes áreas: infraestruturas e servizos públicos, comercio e empresa, benestar social e terceira idade, familia e xuventude, educación, deportes, cultura, turismo, medio ambiente e parroquias.

Estas dez grandes áreas están desenroladas con multitude de propostas, moitas delas feitas desde os propios veciños e veciñas do noso Concello, centradas nos intereses de A Pontenova e o seu desenrolo e entre elas podemos destacar:

·         Loitar porque a “nova pasarela” recupere o servizo que prestaba con circulación de vehículos en dobre sentido.

·         Temos claro que é imprescindible crear máis prazas de aparcamento.

·         É urxente adoptar medidas para fomentar o emprego.

·         É imprescindible apoiar ao comercio e ao tecido industrial.

·         Queremos xestionar a dotación para os maiores de parazas de residencia e dun centro de día.

·         Queremos desenvolver un programa que permita realmente a conciliación da vida familiar e laboral, con medidas como a apertura dunha gardería.

·         Queremos facer un plan de conservación de estradas e camiños do municipio.

·         Queremos xestionar a mellora das vías de comunicación supramunicipais, a N 640, ante fomento, a de Riotorto, ante a Xunta de Galicia

·         Queremos poñer en funcionamento centros sociais en todas as parroquias.



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.