martes, 24 de mayo de 2011

FINAL DE TEMPORADA 2010/2011

Logo de 10 meses de traballo, este Fin de Semana rematou a temporada para o Sporting Pontenova. Pódese decir que foi unha temporada exitosa, xa que os obxectivos están cumpridos con creces e as expectativas para o próximo ano son elevadas.






O equipo sénior conseguiu a salvación, fora do perigo dos arrastres procedentes doutras categorías e conseguiu pasar a primeira ronda da Copa Diputación, que se lle viña resistindo desde fai anos.






O equipo xuvenil , cun plantel moi curto e sobre todo renovado en relación ao ano pasado, conseguiu un meritorio 9º posto na táboa clasificatoria. Tamén conseguiu pasar a primeira ronda da Copa Élide, quedando eliminado contra o 3º clasifica a U.D. PAstoricense.
As expectativas para o próximo ano son boas, a pesar da dificultade para confeccionar o equipo, debido a excaseza de rapaces neste rango de idade (16-19) que queiran practicar este deporte.




A nosa actividade vai cesar ata o mes de Agosto, onde voltaremos a carga coas posibles fichaxes, baixas, actividades e novidades referentes ao Sporting Pontenova.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.