lunes, 18 de abril de 2011

Nota informativa do PP da Pontenova

Jorge García e Clemente Iglesias, candidatos do Partido Popular de A Pontenova e Riotorto, respectivamente, reuníronse este venres en Santiago co Conselleiro de Infraestructuras, Agustín Hernández, do que lograron conseguir o compromiso de presupostar nesta lexislatura o arranxo da estrada LU 124 de Santa Apolonia a Riotorto. Tamén confirmaron que este proxecto de 6,6 km xa está feito desde o ano 2004 e está presupostado en ao redor de 4 millóns de euros.

Así mesmo, ambos polítiocs explicáronlle a necesidade de rematar a rede de saneamentos no medio rural, ao que tamén o conselleiro se mostrou receptivo e diposto a colaborar.
Fuente: e-mail recibido en pontenova.es@gmail.com con remitente "pp a pontenova"
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.