jueves, 28 de abril de 2011

«A Festa da Troita faise dende 1978 e sempre o día 1 de maio»

Unha das festas do mundo da pesca máis veteranas de Galicia, a Festa da Troita, será o centro de atención na Pontenova esta fin de semana.
Unha das festas do mundo da pesca máis veteranas de Galicia, a Festa da Troita, será o centro de atención na Pontenova esta fin de semana, organizada polo tamén veterano Centro de Iniciativas Turísticas que preside por segundo ano Francisco Rois Taracho (1963, Villameá-A Pontenova). O CIT pontenovés conta con máis de 200 socios.
-A Festa da Troita chega á súa edición número 33, co día grande o primeiro de maio...
-Para o CIT, é o referente, ainda que ao longo do ano facemos máis cousas como o campionato social de pesca, o carnaval infantil, degustación de setas...
-¿O CIT sempre estivo detrais da organización desta cita?
-Dende 1978 e sempre se fixo o primeiro de maio. A da Pontenova é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia, despois de Pontecaldelas. Este ano metímonos noutro ?jaleo? máis, engadindo no concurso unha modalidade, de cebo. Tamén teremos o terceiro concurso infantil, o terceiro de mosca seca, o primeiro de cebo como dixen e o número 33 de salmónidos lance.
-Haberá xente veterana tamén pescando, ¿non?, fiel á cita.
-A un pescador de Viveiro xa o invitamos gratis. Falamos de Hortensio, o «home-orquesta». Viña pescar sempre, e o ano pasado fixo ademais actuacións. O merece. Á festa veñen pescadores fieis, de Galicia, Asturias...
-¿Como vai o río este ano?
-En perfectas condicións, pero xa nolo dirá o domingo. As troitas que se pescan mándanse para un asilo. Aquí faise unha degustación popular, ten que ser con troitas de piscifactoría.
-¿Lembra as pezas máis grandes que pescou na súa vida?
-Foi un salmón de 6 quilos e medio e unha troita de 2,9.
A Festa da Troita arrincará mañá co pregón de Pepe Casal (21.30 horas), quen ten pescado na Pontenova e prepara físicamente a Pau Gasol cando vén a España. Tamén é o presidente do Clube de Pesca Tambre.
La voz de galicia
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.