jueves, 7 de abril de 2011

El Ayuntamiento de A Pontenova devuelve 13.000 euros a la Xunta de Galicia

El Gobierno local de A Pontenova dejó sin ejecutar casi 13.000 euros de los 148.369 euros concedidos por la Secretaria General de Familia y Bienestar para el mantenimiento del servicio de ayuda en el hogar. El portavoz del GMPP, Jorge García, lamenta que el gobierno socialista devuelva esa cantidad de dinero por “incapacidad” a la hora de organizar el servicio. García denuncia que Darío Campos “tiene olvidadas a las personas mayores”.

O Partido Popular denuncia a inoperancia e a falta de rigor do equipo de goberno pontenovés e do seu alcalde, Darío Campos. É incrible que desde o equipo de goberno local non se sexa quen de organizar un servizo para o que hai cartos e teñan que devolverse, e sobre todo si se trata dun servizo tan sensible como o colectivo dos maiores máis necesitados do noso concello. Tamén o PP denuncia como o Concello de A Pontenova non está a prestar aos usuarios do servizo de axuda no fogar, en varios casos, as horas que teñen recoñecidas  e tampouco se está prestando os fins de semana o servizo de axuda no fogar.

O PP afirma que Darío Campos e o seu equipo de goberno teñen totalmente olvidada ás persoas maiores de A Pontenova, xa que desde que eles gobernan non se pediu nin se mellorou un só servizo social para eles, non se tramitou o centro de día, non se tramitou a residencia, non se abriron centros sociais nas parroquias, etc. e a única mellora, concretamente, no servizo de axuda a domicilio, é a que ven facendo a Xunta de Galicia, incrementando o Plan Concertado e os cartos que manda para Axuda no Fogar, que permite contratar e pagar o persoal e mellorar o servizo e encima o equipo de goberno é incapaz de xestionalos e dar un bo servizo.

O PP tamén se pregunta a que se dedica a concelleira de Servizos Sociais, Dª Isabel Couto, e como é posible que sexa capaz de deixar aos veciños de A Pontenova sen mellorar o servizo de axuda no fogar e devolver diñeiro á Xunta de Galicia.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.