viernes, 15 de abril de 2011

Acto público do BNG da Pontenova sobre a Reforma das Pensións

            O BNG da Pontenova celebrou este Xoves un acto público sobre a Reforma das pensións ao que asistiu máis de medio cento de persoas.


            Neste acto, no que interviron Fernando Blanco, deputado do BNG no Parlamento galego, e Mónica Rancaño, candidata do BNG pola Pontenova, deuse conta aos asistentes das principias modificacións que contempla esta Reforma aprobada polo goberno do estado


            Nesta xuntanza cas veciñas e veciños da Pontenova, falouse desta reforma como “un claro retroceso no sistema de dereitos sociais”, referíndose a ela “como unha reforma que non é froito dunha necesidade real, senón que responde a intereses económicos das entidades financieras”.

            A candidata do BNG pola Pontenova, fixo fincapé en que “estes cambios no sistema público de pensións vai a ter unha incidencia aínda maior na Pontenova, debido as súas características demográficas e económicas”, sinalando que os colectivos máis afectados van ser “os autónomos, as mulleres e os xóvenes”.

            Tamén se fixo referencia a que as pensións en Galiza son xa das máis baixas do estado español, e esta reforma virá a agravar aínda máis esta situación no futuro.

Fuente: e-mail recibido en pontenova.es@gmail.com con remitente Bloque Nacionalista Galego de A Pontenova
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.