martes, 29 de marzo de 2011

V FEIRA DA ARTESANIA DO FERRO – RIOTORTO ‘11


O son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 10 abril, nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base fundamental desta cita.
Catro ferreiros do municipio exhibirán o seu dominio do oficio, aínda que haberá tamén ferreiros de Baleira, Taramundi, Santiago e de Navarra. As demostracións en vivo deixarán paso a obradoiros de olería e talla de madeira, así como ferrado de cabalos  e espectáculos de animación ofrecidos por Rodesindo da Barrosa e Kote Malabar. A variedade está asegurada, pois a Riotorto acudirán también máis de cincuenta expositores que realizan os seus traballos artesáns con materiais coma o coiro, madeira, vidro, xoiería ou que elaboran diversos productos alimenticios.
A charanga e Vilalba ofrecerá sendos pasarúas pola mañá e pola tarde amenizando aos visitantes, en tanto que o grupo folk Os Minhotos actuará ás oito da tarde na praza do Concello. 
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.