domingo, 20 de febrero de 2011

Suxerencias, contacta: Necesidades da Pontenova


 Nombre:
Correo:
Asunto:Necesidades da Pontenova
Envia un archivo, imagen:
Mensaje:Antes de exponer a miña percepción sobre o día a día do noso pobo, quero felicitar as persoas que fan que esta páxina sexa un referente para a Pontenova e os seus vecinos. A miña sincera enhoraboa polo traballo que realizades diariamente para dar a coñecer o que aquí sucede ademáis de dotarnos de un medio no que poder expresarnos.

Na miña modesta opinión, o debate sobre as obras acometidas na Pontenova nos últimos tempos estase levando o tema político cando a realidade é ben distinta. Estase a manipular a información dunha forma claramente electoralista: que si esto é culpa da Confederación, que esto outro e culpa do Concello ou aquelo e debido o anterior goberno… Parece que o único importante e pasar a pataca quente ó texado de enfrente que veñen ahí as eleccións, non vaia ser que nos estoupe nas mans... Ó final, ahí estamos os veciños especulando sobre o que vai a suceder porque existe una desinformación asombrosa e o peor de todo, sufrindo todos os problemas sin que naide faga nada por solucionalos.

O problema non é a mala planificación dunhas obras (aínda que sí é verdade que eso está a costarnos máis euriños a todos), o verdadeiro problema é que as obras que se están a realizar non se adaptan as necesidades reais da Pontenova. Solucionase un problema e causase outro de peor remedio. Era necesario solucionar o problema das inúndacións pero podíase facer sin que eso supuxera a división de ambas márxenes do río é a pérdida de servicios. Era necesario asfaltar a carretera que vai hacia Lorenzana e tamén reconozco que a plaza dos fornos quedou máis bonita que antes, pero que pasa co aparcamento para todos os que vivimos, traballamos, consumimos ou simplemente pasan pola Pontenova?? Queixamonos de que A Pontenova se está apagando, que a xente nova marcha a outros pobos ou ciudades porque aquí non hai traballo, pero de momento o polígono sigue paralizado… E decir, a realidade da Pontenova e que a pesar de que está máis bonita (cuestión de gustos! ) os problemas dos seus veciños, da xente que traballa e move a economía local, cada vez son maiores e o que se está a facer non os soluciona. ¿Non nos estaremos equivocando?
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.