martes, 1 de marzo de 2011

POR UNHA PONTE DIGNA


Non descanso dende que fai poucos días vín a pasarela que nos colocaron no lugar da antiga Ponte. Sentinme engañado porque incumple todo o que me habían comentado sobre ela e porque non respeta as mínimas condicions de seguridade de utilización exixibles por normativa.

E imposible que esta pasarela poida ser utilizada por vehículos e persoas a vez, xa que non conta coas dimensions mínimas obligatorias para esa convivencia.

Como peatonal tampouco sirve sin replantearse completamente as barandas de protección, o ser éstas fráxiles, escalables polos nenos e non impedir que entre os  barrotes se poida colar xa non a cabeza dunha persoa, sinon todo o corpo.

Estéticamente, dito de forma suave, é desafortunada, demostrando que os autores da obra non tiveron a sensibilidade necesaria para o desenrolo deste traballo, sendo sen dúbida sobrepasados polas dificultades da obra. Penso que foron os mesmos que fixeron o murete de pedra da rúa do Eo, o que non deixa ver o río, co que está todo comentado.

A ponte de unión entre os dous espazos públicos máis importantes do Pobo e os sentimientos que representa históricamente exixían máis xenerosidade por parte de todolos implicados para resolver o problema que se xenerou o tirar a antigua Ponte, demolición que por outra parte, sempre me pareceu totalmente innecesaria e polo tanto un despilfarro.

Menuda obra representativa que queda para os organismos intervintes, menudo exemplo para o Ministerio de Medio Ambiente e para a Confederación Hidrográfica do Norte.

Pedimoslle o Concello que escoite e comparta a opinión maioritaria dos veciños, exixindo responsabilidades a quén no soupo tratar coa profesionalidade necesaria o proxecto que se lles planteaba, incumplindo a normativa en múltiples aspectos e enganando acerca da súa posible utilización. A vez precisase, o antes posible, buscar unha solución que subsane as deficiencias mencionadas e rectifique o engano o que someteron a todo o Pobo.

Non existe nin un so motivo polo que non deba de contar a ponte con amplias aceras, e un carril independente para o paso de vehículos lixeiros pola ponte, sendo as ventaxas enormes.

A todos aqueles que pensan que non pasa nada porque a ponte sexa peatonal, preguntaríalles, ¿existe algún inconvinte en que a ponte teña un vial exclusivo para coches?. Para pasarelas peatonais xa temos bastantes sin que ningunha cubra completamente a necesidade vital de unión; utilizámolas como atallos, pero de forma moi limitada.

Organízannos o Pobo aqueles señores que pasaron por aquí unhas poucas veces, sen pararse apenas, e sen os análisis necesarios para resolver convintemente o problema que se planteaba, e ainda por enriba, dícennos que en pouco tempo olvidaremos a ponte que mellor representaba a orixe e cuna do Pobo.

Non comparto ese pensamento en absoluto, e creo que xa non en 10, nin en 20 anos máis, senon que sempre nos acordaremos do corte que se produxo a partires de este momento: O comercio posiblemente se dividirá en dous, xerando pequenas rivalidades entre os dous barrios; discutiremos si o xeriátrico quizás esta mellor en este lado, o centro de día tamén en éste, etc.


BUSQUEMOS SOLUCIONS E INTENTEMOS REMEDIALO,

Como creo que os enxeñeiros da obra posiblemente se seguirán negando a plantear alternativas, dende aquí, a partir da situación actual, apunto unha solución sinxela e relativamente económica.

Fácilmente poderían añadirse unhas aceras a ambos lados da pasarela actual, con barandas autoportantes e seguras, que deixasen a pasarela actual como paso central exclusivo para os vehículos:

•    Con aceras de 1'50 metros de anchura o orzamento de execución material aproximaríase aos 100.000 €  para cada acera. (A normativa impide anchuras menores, pese a que como podemos comprobar en distintos puntos da obra, incúmplese esta medida reiteradamente).
•    Con aceras de 2'50 metros o coste de execución de cada acera rondaría os 125.000 €.

Este coste apenas representa o 5 % do presuposto do Proxecto.

Non é a miña pretension recibir ningún encargo, estando disposto a expoñer e facilitar as bases esquemáticas que me permiten chegar aos datos elementais antes aportados, en caso de que se consideren interesantes.

Pedimos e desexamos que o Alcalde se sume a maioría, e con él, explicando a importancia e necesidade da obra para o Pobo poderemos ser capaces de que os organismos competentes se poñan tamén do noso lado, dos dous lados, da PONTENOVA en definitiva.


Jesús Bouza Fernández

 La Voz de Galicia
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.