jueves, 17 de febrero de 2011

pontenova.es na prensa

Javier Acebrás Villar creador dun portal alternativo en internet adicado á información da Pontenova.
A pesares do despoboamento que sofre o medio rural e máis en concreto o da Pontenova, con máis de tres pobos abandoados, hai xente nova, coma Javier Acebrás, que ama a terra na que quere seguir vivindo. 
A fin de darlle máis vida ó concello, non só creou unha plataforma para darlle voz á vecindade, senón que preside un colectivo de xente viaxeira.
POR : isabel garcía fernández
FOTO S: i.g. 
A Pontenova conta cun valor en alza nun dos seus veciños máis novos, Javier Acebrás Villar, que con tan só 33 anos, amosou o seu espíritu emprendedor ó ser un traballador incansable que non só conduce autobuses por conta allea, senón tamén un taxi, por conta propia, na súa localidade natal. Pero polo que é máis coñecido nesta vila do interior mariñán é pola súa implicación na vida local, á que quere impulsar para que a vecindade e a súa familia, incluida a súa filla de seis anos, teñan un futuro próspero neste municipio. E iso téntao facer dándolle voz á veciñanza a través da plataforma que creou en internet.
Entrevista.....
En que consiste a web e como xurdiu o proxecto? 
A pontenova é un pobo pequeno, no cal hai novas todos os días, pero algunhas delas non estaban recollidas nos xornais; www.pontenova. es naceu da necesidade de informar ós vecinos que se atopan na localidade e ós miles de pontenoveses que se atopan polo mundo adiante e que desta maneira poden estar en contacto co seu pobo. Fun o seu creador e naceu en marzo do 2008, pero ó cabo dalgo máis dun ano fóiseme das mans, porque non podía con todo o que unha páxina deste calibre esixe; de feito empezou ter sobre medio millar de visitas diarias.
Había outras na Mariña ou na provincia deste tipo? 
Foi a primeira que se creou deste tipo. Non me inspirei en nada. Simplemente xurdiu pouco a pouco e hoxe é difícil pensar nunha Pontenova sen pontenova.es. Na rede existía pontetolo.com, onde se colgaban as fotos da xente nova de marcha, pero nada máis e só había información do concello no Progreso
.Que contidos aparecen neste medio de comunicación electrónico creados por e para os veciños? 
Son máis de 3000 artigos publicados en case tres anos e máis de 2000 comentarios, visitas de todos os rincóns do mundo e case 700.000 visitas para crear a maior fonte de información e liberdade de expresión da Pontenova. A web actualízase varias veces ó día todos os días e cada actualización leva o nome do seu editor e creador e faise no momento en que hai noticia, agás no caso das fotos antigas que están programadas para que automaticamente apareza unha diaria.  
Que suporá para a vecindade contar con esta plataforma? 
Pontenova.es será a maior fonte de historia xamáis coñecida nun pobo destas características. Dentro de 50 anos a xente poderá ver o derribo da ponte, as crecidas do río, a remodelación da praza dos fornos e todo o que era actualidade, e xa historia, do seu pobo. Pontenova. es hoxe é una web que engloba a A Pontenova. Non se pode crear un proxecto máis amplo por falta de medios, tempo e cartos, aínda que varias veces pensei en crear unha radio que emitira dous informativos ó día, pero só son ilusións moi difíciles de levar a cabo.  
Como se mantén o proxecto? 
Eu son o único que sustento a páxina economicamente. Creeina a partires dunha plantilla de blogger e son miles de horas as que lle levo adicado. Hoxe está moi modificada e non se parece en nada a un blog, aínda que siga con ese formato. Pago 15 € ó ano de dominio e 20 € de almacenamento web. 
Cantos veciños colaboran con vostede na actualidade para manter os contidos? 
Pois o subdirector, redactor jefe, editor, moderador e creador de numerosas seccións é Carlos Lombardía; Carlos Gavino, que é fotógrafo profesional na localidade encárgase precisamente deso, da fotografía, pero tamén da parte do deseño e da edición. É tamén o responsable da sección Lecer na Pontenova, na que se amosan fotos antigas; o xerente do tanatorio, Teodoro Lourido, ocúpase das esquelas; temos unha colaboradora emigrante en facebook, Bernardeta Taylor; a presidenta das mulleres rurais, María José Amieiro Blanco e o presidente do Clube de Iniciativas Turísticas, da Festa da Troita e en xeral dos campionatos de pesca que se organizan, Francisco Javier Rois. E finalmente eu, coma director xeral.  
Quen se ocupa dos deportes, unha das seccións máis lidas? 
O adestrador do Spórting, Daniel Moirón, e o presidente deste clube da segunda categoría autonómica e xuvenil, Serafín Ron, ocúpanse dos deportes, así como tamén Manuel Piñeiro, presidente do Superti de fútbol sala, que está en primeira nacional, grupo A, redacta sobre este eido; sobre o atletismo, temos a Santiago Coladas, membro da Sociedade Deportiva Albións, que tamén aporta curiosidades varias nesta materia, así como Manuel Valcárcel, da mesma asociación.  
Hai algún tipo de criba sobre os comentarios que poden chegar? Publícanse todos os recibidos?
 Efectivamente chegan moitos comentarios que non podemos publicar porque proveñen de anónimos que atacan duramente a persoas públicas. Cando a xente se identifica pode poñer o que queira. Hai total liberdade de expresión e quen o desexe pode publicar novas na páxina. Pontenova. es é unha plataforma libre e polo tanto está aberta a todos. Nunca se negou poñer ningunha nova ou comentario debidamente identificado.  
Traslada vostede algún tipo de demanda local a través da web? 
A min gústame a idea do progreso e de que cada un poda seguir sendo libre de expresarse. Espero que non se sigan poñendo trabas ós vecinos que queren emprender a súa actividade laboral no pobo.

Asociación local gastronómica e cultural ‘Ponte-Nova’ 
Como bo namorado do mundo da hostalería, xa que non en balde Javier Acebrás é tamén técnico de servizos e cociña, impulsou a creación dun colectivo cultural e gastronómico, que el preside dende a súa constitución, o ano pasado. Este é un sector que coñece ben, xa que é propietario do Mesón A Mina, hoxe en día alugado no municipio, e a súa familia o é tamén do establecemento A Cubana, un hostal-restaurante que foi un referente na zona e que levan «tentando abrir ao público como centro de ocio e restauración hai catro anos, pero retrásase pola obtención de licencias municipais, ».
Por que se creou a sociedade? 
Por propiciar relacións de amizade entre a xente nova, que debido o estrés dos tempos modernos practicamente non nos vemos a pesares de vivir nun pobo. Empezamos xuntándonos pola semana para tomar uns viños e ir cear ós restaurantes locais e acabamos por crear unha asociación para manternos unidos. O seu máximo impulsor é Jose Rodríguez López ‘Calero’, secretario e responsable, aínda que me elixiron coma presidente.
Cantos socios tedes e que actividades fixéchedes? 
Somos 25 socios e é difícil que alguén entre a formar parte pois fai falla o aval de tres socios; máis vale poucos e bos. Todos somos homes, cadrou así. Agás as viaxes, todas as actividades as facemos no pobo. O máis destacado é que remamos 19 kilómetros en sete horas no descenso do Sella e que iremos en Semana Santa á Costa del Sol
. VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.