martes, 1 de febrero de 2011

Erea, 2ª senior no campionato galego absoluto de cross

O pasado domingo tivo lugar na localidade ourensana de Ribadavia unha nova edición do Campeonato Galego de Campo a Través Absoluto, individual e por equipos, no que a nosa veciña se colgou a medalla como 2ª na súa categoría.
Ata o circuito de A Veronza desplazáronse un total de máis de 300 atletas que pudieron disfrutar dunha xenial xornada de campo a través, marcada polo gran nivel que ofrecían os corredores galegos.
Na carreira absoluta feminina, e baixo un percorrido de 7000 m, Erea lograba cruzar a liña de meta na 5ª posición, por detrás da portuguesa Patricia Mendes e as atletas Natalia Raña, Esther Navarrete e a internacional Paula Mayobre, aínda que a primeira e estas dúas últimas non entraban na mesma categoría.
O tempo final anotado por Erea (25:21), así coma o posto acadado, dan fe do seu bo estado de forma, que a conduce a participar directamente no Campionato Nacional de Campo a Través, representando a selección galega, e que se celebrará o 27 de febreiro na localidade riojana de Haro. Ademais nos próximos quince días terá que desplazarse a Punta Umbría, onde disputará o mesmo Campionato Nacional, pero a nivel de equipos.
A atleta, que prepara dende o inicio da tempada a súa participación no Campionato de España Absoluto de 10000 m en pista, tamén viaxará a Laredo proximamente en busca da marca mínima, que lle outorgaría unha praza para pelexar coas máis grandes do panorama nacional.
Tralo triunfo de onte, asegura sentirse forte e moi motivada para lograr os seus obxectivos. E dende aquí desexámoslle moita sorte para que así sexa. Noraboa Erea.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.