jueves, 20 de enero de 2011

Xan Foucín ¿qué pasa con este barrio?


O barrio de Xan Foucín voltou a vivir onte na escuridade. Xa estamos habituados a non ter este ben, que por certo, vai barato....
Pero onte foi a gota que colmou o vaso de veciños e empresarios deste lado da Pontenova. Dende as 18:00h ata a 01:20 da maña estivemos a escuras, mentres nas casas e ruas do resto do pobo sí habia luz. Varias veces se contactou con Begasa, que coma sempre non tiña nin idea da avaria. Pois nada, que unha vez tras outra, nos deron largas e ninguen se fixo cargo. Xa van moitas veces, pero desta vez foi moito tempo. A maioría das veces daselle a culpa o campo de futbol, pois onte non había adestramento. Non sabemos o porqué, pero coa auga xa tivemos ben problemas hai un par de meses, e o da luz e penoso. Xan Foucín tamen existe, e aquí vive xente que traballa e que xa esta cansa de tantos cortes. Exisimos a Begasa, ou a quen corresponda que nos explique que pasa no barrio. Onte non habia vendaval, nin chuvia, nin fenomenos adversos, pero tampouco houbo luz...
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.