sábado, 1 de enero de 2011

O REMATE DO ANO

 
Nombre:Jose Luis - Lilo
Correo:jlginzo@gmail.com
Asunto:O REMATE DO ANO

Os anos, son seres vivos, nacen, medran e morren, deixándonos orfos das ledas troulas e das tristuras que no seu percorrido foron tecendo a tea da Historia dende co mundo é mundo.
Remata o dos mil dez e asoma o nariz o dos mil once, cadaquén escolle o mellor e o malo do que foi e prega para que o recén nacido, non sexa máis malo có derradeiro. Nesta sociedade, perteñecente a continente desenrolado, segundo os parámetros fixados polo analise económico, somos os afortunados humáns, ainda que o cabreu cotidián sexa contra os gobernos, as cifras de desemprego, a idade de xubilación, o cheuqe bebé, ecétera, ecétera.

África, os Haitís, Blangadés, tamén son xente do mundo e tamén están cabreados pola explotación, pola fame, pola morte. Que quede craro, non trato de izar unha bandeira onege, só quero establecer un agravio comparativo, sen connotacións morais, posto que, para mín o que impera é o mundo social sen clasismos, xusto nas formas e libre para que as xentes medren nunha proxeción construtiva da sociedade da que forman parte.
Todo isto, non deixa de ser un análise mui persoal pro receptor da mensaxe que non se sinta identificado, pro ben, tratarei de centrarme no significado do mesmo.
O ano dos mil dez para a Pontenova, como moitos outros, pasará a Historia, por cousas normais: obras de impacto social, encontros e desencontros en canto ós proxectos executados, cambios da paisaxe que dibuxa o rio Eo e, como non, moitas otras cousas que a bo criterio dos gobernantes trataron de mellorar o que afecta o interés xeral das xentes.
Estiveron ben ou mal as decisións tomadas, agora non é tempo de emborcallarse en trifulcas, houbo tempo dabondo para espoñer a vontade cidadán.
Tamén isto ben ó caso, de que os non gobernantes locais, chámese oposición ou os que agardan sela, están caladiños todo iste tempo, polo menos, non se notou que existen, nembargantes agora saen con toda a sua artilleria de salvadores da sociedade afectada. Iste é un conto vello e a cantiga soa sempre cos mesmos acordes.
Reitero que fago istas observacións sen ánimo de quitarlle as castañas do lume a naide e, por suposto, coa miña xenética politica definida.
Os rexidores locais ou calquer rexidor dentro da Administración, como é sabido, ten que bailar a maioría das veces a muiñeira que lle tocan, nen siquera elixe o gaiterio, quizaves lle deixan o do tambor. Agora ben, isto tampouco quer dicir que non teñan voce diante as Administracións que poñen os cartos e fan os proxectos e como non istos poden ser rectificados se non concordan con sentir das xentes ou co propio sentir da natureza.
Pensemos que de nostalxias e pontes non vive un pobo, vive da prosperidade e da propia riqueza que se xenere, entón temos que deixar de flaxelarnos e protexernos para o futuro, sabedores do que está ben feito e do que podía estar mellor si gobernados e gobernantes consensuaran as propostas.
Estou sintindo vergoña, falo da Pontenova, visbarra, e esquezome das aldeas, cando eu son da miña aldea, da miña parroquia, o Concello é algo imposto.
Pois ben, dito o anterior teño que denunciar o desdén, a pouca atención, a falla de información que se deu polo Concello a aldea, seguindo no esquecemento. O sentir é triste, a sensación é de desamparo, certo é que as aldeas quedan sen moradores, non poriso teñen que ser enterradas, cando ainda persisten casa con fume, cando hai persoas que loitan por mantelas vivas.
Escudarse de que os presupostos non chegan, de que as necesidades son moitas, non é resposta sá ou convincente. Pois ben par un aldeán que non ten auga en condicións sanitarias, que enterra as coxas nos camiños e outras moitas, non resultan explicacións axeitadas, cando inversións de cinco ou máis millóns de euros están executarse na vila, non ben a conto a procedencia dos fondos económicos.
Si ista reflexión é digna de emitirse neste medio, para diante, senón que quede nos arquivos da páxina.
Sen ánimo de ferir sensibilidades só ca vontade de que a sociedade débese tratar cunha esquisita equidade, o desexo para gobernantes e gobernados é que sexades felices despidindo o dos mil dez e moito máis ainda o vindeiro dos mil once.
Un amigo.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.