viernes, 28 de enero de 2011

O BNG PÍDELLE AO PP QUE NON ENGANE AOS VECIÑOS DA PONTENOVA

Esta nova e unha continuación de esta outra  publicada o xoves 27 de xaneiro en pontenova.es
............
Desde o BNG da Pontenova seguimos ca rolda de charlas informativas polas once parroquias do Concello para informar ás veciñas e aos veciños da Pontenova sobre a nova Lei de Augas, que o PP publicou o pasado mes de Novembro.
    Trátase dunha lei que foi aprobada en solitario no Parlamento de Galiza polo PP e que agora pretenden recuar para segundo eles “negociar e alcanzar acordos”, ca única intención de retrasar a implantación da nova tasa ata despois das eleccións municipais.
   Segundo a candidata nacionalista, Mónica Rancaño, “demostrar a verdade sobre a Lei de Augas é moi doado, so hai que ler o DOGA do 18 de Novembro do ano pasado, nel aparecen tódalas "mentiras" que segundo o PP dicimos desde o BNG da Pontenova. Vou a enumerar so 3:
    1.Os pozos de auga si pagarán o canon de auga, xa que este graba ao consumo, da igual que proveña dunha traída municipal que dunha particular.
    2. Os usos agrarios, gandeiros e forestais si pagarán, é máis, está contemplado un canon de auga superior para estes usos que para os domésticos.
    3.A lei de augas si crea novos tributos, xa que ata o dagora so existía o canon de saneamento, do que todos os veciños da Pontenova estabamos excluídos,e  pasará a dividirse en dous: canon de auga e coeficiente de vertido”.
    Desde o BNG da Pontenova so queremos recordarlle ao candidato popular que non estamos a facer ningún uso partidista da Lei de Augas, senón que estamos a informar aos veciños dunha norma regresiva e cun fin exclusivamente recaudatorio,e pedirlle que non defenda os despropósitos que o goberno de Feijoo está a facer no noso país, invitando a que lea a Lei e non falte á verdade.
Fuente: BNG A Pontenova
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.