domingo, 30 de enero de 2011

Daniel Veiga: ''Esto foi o máis importante de todo o que fixemos''

DANIEL VEIGA é o presidente da A.C.D. As Minas de A Pontenova, que rematou a campaña en favor do Sáhara
Xa remataron a campaña de recollida de xoguetes e roupa para o pobo saharaui?
Foi o sábado pasado, era en colaboración coa ONG ‘Solidariedade galega co pobo saharaui’. Xuntamos todo e fixemos a entrega.
Que lle pareceu a iniciativa?

Como presidente da asociación As Minas, teño que decir que estou especialmente orgulloso do éxito desta iniciativa, porque na miña opinión foi a máis importante que a asociación levou a cabo ata o momento, incluso máis que os festivais que levamos organizado, ou incluso a homenaxe ós mineiros que facemos todos os anos.
Que foi o que máis lle gustou?
Ter a oportunidade de colaborar para que cativos e cativas do Sáhara disfruten dun xoguete ou dunha prenda de roupa que os resgarde do frío é algo moi grande. Quero agradecer moi especialmente o traballo do resto da directiva e de Sheila Rodríguez mestra do colexio de Fingoi, Raquel Vijande, orientadora do IES Enrique Muruais, Jorge García, director do colexio da Pontenova e a Clínica Son Saúde, tamén de German de Indutrial Recense e Antonio Veiga de IPV. Todos nos axudaron cada un no seu campo.
Fuente: El Progreso

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.