miércoles, 26 de enero de 2011

Casi dous meses coa Rua do Rio cortada o tráfico rodado.


A primeiros de decembro as obras de encauzamiento do Río Eo o seu paso pola pontenova produciron o corte dunha das arterias centrais da vila que atravesa A Pontenova paralelamente a estrada xeral. Isto debeuse a colocación dunha grua para retirar a ponte que unía as duas marxes do río.  Realmente o que esta cortado e a unión coa estrada que se dirixe os fornos. Durante o periodo do Nadal os operarios que levan a cabo as obras non traballaron dende o venres 24 de decembro ata pasar reises, pero a estrada da rua do río permaneceu pechada nesas datas, a pesares da comunicación de algun comerciante desa zona o concello pedindo que reabriran o paso, pois perxudicaba claramente os seus intereses. A maioría dos días nesa zona non se fan traballos, nin hai nada que impida o paso, agás unha vaia metalica. Os comerciantes e veciños da Pontenova reclamanlle os responsables de tal situación que fagan o favor de restablecer o tráfico rodado na rua do Río, pois non hai ningun motivo polo que esta rua permaneza cortada.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.