jueves, 30 de diciembre de 2010

Sporting Pontenova 2010 / 2011



SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL
Tras chegar o ecuador da temporada,  o balance non é positivo para o equipo que dirixe Dani Moirón por primeira tempada. O equipo ocupa o posto 14, tan so dous puntos por enriba dos postos de descenso directo a Terceira Rexional.
Tras confeccionar un bo bloque para esta tempada logo dun esforzo grande do corpo técnico e a directiva, quizás a xuventude do equipo, a inexperiencia na categoría de moitos xogadores e a falta de compromiso están detrás dos malos resultados colleitados na primeira volta da campaña.
Outro hándicap co que teñen que pelexar ano tras ano, é o estado do Campo do Mina, onde rexistran os seus peores resultados. O equipo rende máis cando xoga de visitante, e a maioría do seu conxunto, incomprensiblemente prefire xogar como visitante.

Tampouco o están a acompañar as lesións o equipo gualdinegro, Otto padece unha grave pubalxia  e xa leva apartado dos terreos de xogo 2 meses e non existen prazos para a súa reaparición.  Hugo Leivas, leva un mes de baixa debido a outra pubalxia, desta vez máis leve, e esperase que a mediados do mes de Xaneiro reapareza e axiña colla o ritmo do equipo.
Pablín de Xudán causa baixa para o que resta de temporada por motivos laborables ao igual que Yoel, pero este é debido a motivos académicos.
Pos
Equipo
J
G
E
P
GF
GC
Puntos
1
XERMADE
14
13
1
0
35
10
40
2
MUIMENTA
15
10
3
2
35
24
33
3
ALFOZ
15
10
1
4
27
20
31
4
GUITIRIZ
15
9
1
5
23
16
28
5
CERVO
15
7
4
4
22
15
25
6
SACIDO
15
8
1
6
22
18
25
7
RIOAVESO
15
6
4
5
24
24
22
8
N. RAICES GALDO
15
6
4
5
24
25
22
9
C. BARREIROS
15
5
4
6
15
14
19
10
COSPEITO
15
5
2
8
29
29
17
11
MONDOÑEDO
15
3
6
6
15
20
15
12
MEIRA
14
4
3
7
29
29
15
13
S.D. POL
15
3
2
10
17
28
11
14
SP. PONTENOVA
15
3
2
10
21
34
11
15
BONXE
14
2
3
9
12
29
9
16
ROUPAR
14
2
3
9
15
28
9

O equipo comezará a segunda volta o sábado 8 de Xaneiro as 16:00h no Campo da Mina recibindo o Cospeito, coa intención de non deixar escapar máis puntos e poñerse a sumar rapidamente para conseguir o ansiado obxectivo da permanencia.
  
PRIMEIRA CATEGORÍA XUVENIL

O equipo xuvenil está protagonizando a sorpresa positiva do club. Logo de renovar o 90% do plantel, o equipo respondeu perfectamente e sitúase polo medio da táboa, competindo todos os partidos, e plantando cara os “galiños” da categoría como o Foz ou a U.D. Pastoricense.
POS
EQUIPO
PJ
PG
PE
PP
GF
GC
PUNTOS
1
C.D. FOZ
11
9
0
2
28
9
27
2
U.D. PASTORICENSE
10
8
1
1
34
8
25
3
SAGRADO CORAZON
11
8
0
3
31
12
24
4
S.D. BURELA
11
6
3
2
37
14
21
5
C.D. SAN CIPRIAN
11
5
3
3
28
9
18
6
VIVEIRO C.F. "B"
11
5
2
4
20
18
17
7
C.D. ALFOZ
9
5
2
2
10
9
17
8
E.D.LOURENZA
11
4
3
4
18
24
15
9
SP. PONTENOVA
11
4
2
5
22
15
14
10
IBERIA C.F.
10
4
0
6
15
29
12
11
U.D. XOVE LAGO
11
3
1
7
14
21
10
12
C.D. COSPEITO
11
3
1
7
13
20
10
13
S.D. POL
11
1
2
8
8
32
5
14
RIBADEO F.C.
11
0
0
11
7
65
0
O equipo está nun proceso de formación, excepto tres xogadores todos son de primeiro ano, polo que se augura que nun prazo de un ou dous anos, este equipo poida volver unir todo o pobo e pelexar por outro campionato de Liga.
O equipo retoma a competición o día 15, as 16:00h no Campo da Mina contra o Alfoz C.D..


Noticia enviada por Moirón a pontenova.es@gmail.com


VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.