martes, 14 de diciembre de 2010

LECER NA PONTENOVA


"O meu gozo nun pozo" e nunca mellor dito, o que creía era unha das parte mais vistosas desta macroobra no apartado do "pozo da ola" ahora resulta que (o meu entender e tras unha pequena conversa con unha persoa cualificada da obra) cada verán con un pequeno acceso podese destinar a aparcadoiro, pero... ¿quen manda aqui ou o que manda sabe algo do que manda?, xa logo nos da vergoña que "O Pozo da Ola" o usen de moneco de Pin Pan Pun, (hoxe fago, mañan desfago, pasado cambio de parecer, etc etc), explícome.
Parece ser que as persoas responsables do río e entendidas en salmons despois de feita a obra de pedra que atravesa o río chegaron a conclusión de que queda muy alta e os salmons non a poden saltar para seguir subindo rio arriba (xa non digo en Noruega pero como farán no salto de "Pe da viña" ahi en pedrido) e que agora hay que deixarlles un pasadizo por o lado de Vilaoudrid; vergonzoso ¿é que non sabian esto antes?. Ben no tocante os salmons vai o que me contaron pero agora preguntome eu, ¿os Pontenoveses e os nosos políticos, gobernantes e oposición, non podemos facer nada para que no verán o río pase somentes por o carreiro que lle queda a veira do muro e o demais totalmente seco?, co fermoso que iba a quedar o rio o paso por o pobo con o seu cauce todo cheo de auga inda que con menos fondura pero correndo a auga e encambio agora no verán vai a quedar un rio de 3 metros (6 que lle van abrir de paso menos o pouco caudal que xa trae nesas datas) e o resto totalmente seco.
Asi nos vai, deixamnos sin ponte, destragamnos o rio e nosoutros tragamos todo, a ver si un día nos dan patadas no traseiro e nos quedamos con élas tamén. Vergonzoso.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.