domingo, 1 de agosto de 2010

O barco Muralla de Lugo está este fin de semana na Pontenova

O 'Muralla de Lugo' é unha aula turístico-medioambiental móbil e pioneira en España, en forma de barco pesqueiro, cuxa construción se inclúe na liña de actuación do programa Lug02, dotada con 950.000 euros e co-financiada ó 70% pola Unión Europea. O presidente da Deputación destacou que a súa mobilidade permite facer máis rendible e polivalente esta aula.

A botadura da embarcación, na que o organismo provincial gastou 50.000 euros, roduciuse seguindo as tradicións mariñeiras, golpeando unha botella contra o casco da embarcación. No barco ondea a bandeira da Deputación e, para o acto deste mércores, estivo adornado coa decoración empregada na festividade do Carmen, padroa dos mariñeiros.


O 'Muralla de Lugo' foi construído por unha empresa de Burela e pintada en Viveiro, sendo as súas cores o vermello, o azul mariño e o verde. No seu interior conta con todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico cedido polas confrarías da Marila e Viveiro.

Repato de material
Durante o seu percorrido pola xeografía española, distribuiranse 10.000 dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente da Deputacion.

O barco pesa 3.500 quilos e conta cunha dimensión exterior total de 12 metros de longo e 5 de alto. Ten unha parte expositiva con capacidade para 40 paneis de fotografías, na que se atopa unha sección de imaxes que aportou a asociación 'Terra de Viveiro', e entre as que destaca a fotografia máis antiga que se conserva do porto viveirense.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.