viernes, 23 de julio de 2010

Ana Miranda denuncia en Europa o novo proxecto hidroeléctrico que afectará ao río "Eo" incluído na Rede Natura 2000


A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda pregunta á  Comisión europea  é coñecedora deste proxecto que afectará ao Concello de Ribeira de Piquín en Lugo
Bruxelas, 21 maio, 10.  A través dunha iniciativa do Grupo Verdes- Alianza Libre Europea (Ale), no que está integrado o BNG, Ana Miranda vén de presentar unha pregunta á Comisión europea sobre o proxecto de construción para aproveitamento hidroeléctrico no LIC Río Éo da Rede Natura 2000 e hábitats prioritarios que afectará ao Concello de Ribeira de Piquín en Lugo.
Para a portavoz do BNG, estamos ante un “novo exemplo” de ríos galegos, neste caso común a Asturias, nos que se segue producindo unha “constante degradación” a consecuencia da explotación sen planificación e sen un proxecto fluvial que protexa, de maneira prioritaria, a biodiversidade.
O BNG advirte que no Éo pode acontecer o mesmo que no Miño e o Sil coas obras de Iberdrola.
BNG A Pontenova


Ana Miranda reclama que “ a Comisión europea sexa garante do Dereito comunitario” e faga cumprir a normativa de medio ambiental que afecta  ,neste casos, a innumerables zonas da Rede Natura 2000 para –na súa opinión- “ non asistir a decisións e procedementos de infracción que chegan de maneira tardía” ou a situacións como as que se están a producir cos ríos Miño e Sil por mor das obras de Iberdrola.
Neste sentido, o BNG advirte que de non parar este proxecto, as augas do Éo poden levar regueiros de lodo como está ocorrendo na nova central de Santo Estevo II onde Iberdrola quere facer máis rentable  o seu negocio hidroeléctrico e as obras do baleiro do río Sil arrastran restos de lodos e materia orgánica que degradan o propio río e o seu contorno.
Ana Miranda explica que de levarse a cabo as obras para o aproveitamento hidroeléctrico  en Ribeira de Piquín, ademais de afectar a un espazo protexido pola Rede Natura 2000”, terá “graves consecuencias paisaxísticas, medio ambientais, económicas e sociais” porque –dixo- “implicará derivar o cauce do río ao longo dun treito de máis de 12 Qm” que  afectará a máis de 225 parcelas de terreo agrario, recursos piscícolas do propio río, patrimonio arqueolóxico e mineiro da zona.
A voceira do BNG en Europa quer lembrar que existe unha grande resposta social contra este proxecto e mesmo foron recollidas máis de 1000 sinaturas que o rexeitan.
Finalmente, a portavoz do BNG tamén quer saber se a Comisión europea solicitará proximamente a información ao Estado español sobre a planificación deste proxecto hidroeléctrico.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.