jueves, 3 de junio de 2010

«A nosa aposta clara é seguir fomentando o deporte»

Entrevista | darío campos Alcalde de A Pontenova

O alcalde avanza que na próxima temporada daráselle un xiro ás escolas, abrindo un debate para optimizalas ao máximo
Autor:
L.P.
Localidad:
A PONTENOVA/LA VOZ.

Darío Campos (PSOE), alcalde de A Pontenova, amósase satisfeito coas escolas deportivas e maniesta o seu compromiso de seguir adiante con elas. Este ano xa se lle deron un xiro, cambiando o horario, e avanza que para o que ven haberá máis novidades, incluíndo a elaboración de unha ordenanza para regularizalas.
-Agora non existen como tal e por iso imos redactar e aprobar unha normativa. Nos últimos anos había moitas actividades pero con moi poucos cativos. Por iso fixemos unha enquisa e decidimos que se fixeran actividades no horario de descanso nos colexios, entre a unha e media e as dúas e media da tarde, para que puideran participar os nenos das aldeas. E foi bastante ben, porque houbo máis cativos, que é o que nos interesa.
-¿Vai haber máis cambios?
-A nosa aposta é seguir fomentando o deporte. Agora vaise a empresa que levaba as escolas e imos tratar de darlle unha volta ás escolas, replantexando o modo de funcionamento.
-¿Seguirán sendo gratuítas?
-O contrato coa empresa ronda os 30.000 euros e imos falar con eles a ver que propostas nos fan. Si se amplían as escolas e os servizos quizais haxa que cobrar algo. Xa se verá. O importante é conxeniar os horarios para que poda participar o maior número de nenos, que non é doado.
-E seguir adiante.
-A crise é mala para todos, pero tamén trataremos de ir un pouco máis aló, mirando si se poden aproveitar as escolas para pasar do que é o deporte afeccionado a algún tipo de competición. Son cousas nas que queremos avanzar, pensando sempre na optimización ao máximo os recursos.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.