O tenderete que vedes á esquerda é unha mostra de confianza e boa vontade. Había plátanos, cereixas, fresas, café,... de todo menos unha persoa que atendera o chiringuito. Cada cousa tiña o seu prezo, para pagar había que meter os cartos nunha hucha. Dirá algún que o dono é un iluso, pero oxalá houbera máis tenderetes así. Hoxe fixemos 22 kms e o próximo domingo día 13 saímos da Praza dos Fornos ás 6:15. Chegaremos andando ata o Monte do Gozo, logo colleremos o autobús e iremos comer a Santiago de Compostela, onde nos darán un callejero para que o domingo seguinte nós mesmos coas credenciales vaiamos á Oficina do Peregrino a recolle-la Compostelana.
Ánimo que quedan 28'5 kms!!
Para ver as fotos pinchade na imaxe.