miércoles, 26 de mayo de 2010

Suprimimos a opción "comentarios" acerca de política.

Hola a tódolos lectores. Por diversos motivos, o equipo de Pontenova.es acadou que nos próximos días comezaremos a deixar de emitir calquera tipo de comentario acerca de política, tanto a favor ou en contra de calquera partido. Unha das razóns é que este blog foi creado para ser meramente informativo, con novas atopadas en diversos xornais, noticias recibidas vía e-mail, información e fotos de eventos, etc. Tomamos esta decisión a raíz de diversos comentarios firmados sempre de forma anónima ou baixo pseudónimos, realizados nalgunha noticia aquí publicada. A nosa intención é crear un punto de encontro para tódolas persoas que por unha ou outra razón entran nesta web, ben sexa porque está fóra da Pontenova e quere estar enterado de cousas que ocorren no noso pobo, porque lle apetece ver algunha noticia sen comprar o periódico ou polo que sexa. En ningún momento a nosa intención é crear malos "rollos" nin problemas a ninguén, e menos para nós. Intentamos moderar os comentarios, pero ás veces vémonos obrigados a omitir algún e entón chámannos a atención porque o censuramos porque din que "nos convén" e non é así. Se alguén quere publicar algunha noticia ou comentario que se poñan en contacto con nós mediante e-mail, que nós non teremos ningún inconveniente en publicalo, sempre e cando se identifique a persona nin atente contra ningunha outra. Tamén podedes facelo mediante Facebook. Gracias por entendelo e o equipo de Pontenova.es pedimos disculpas se por algún motivo alguén se sentiu ofendido pola publicación dalgún comentario realizado.

Fdo.: Carlos Lombardía (Chass)
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.