martes, 11 de mayo de 2010

Os xubilados da Pontenova, de festa


Unhas 300 persoas reuníronse o domingo invitadas polo Concello pontenovés para gozar dunha comida de irmandade e un animado baile.Uns trescentos xubilados da Pontenova reuníronse o domingo no pavillón desta localidade para gozar dunha xornada de irmandade organizada polo Concello, que un ano máis correu con todos os gastos. O menú constou de callos, carne asada, torta, café e chupitos, ademais das bebidas de rigor, viño e auga. Despois houbo baile, ata ben entrada a tarde, na que os maiores pontenoveses fixeron gala da súa arte. Foi unha xornada emotiva, de reencontros, na que non faltou o alcalde, Darío Campo: «Para min é unha dás cousas máis gratificantes do cargo, mirar polos maiores, que merecen todo ou noso respecto. Penso que neso estamos traballando ben», manifestou.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.