jueves, 6 de mayo de 2010

O Superti-A Pontenova loitará nas dúas últimas xornadas por finalizar na oitava posición

O Superti-A Pontenova tróuxose un empate o pasado sábado do encontro que o enfrontou ao pechacancelas da categoría, un Cistierna leonés que xa está matematicamente descendido. A pouca motivación coa que afrontan os pupilos de Josiño este tramo final de tempada e a necesidade de vencer dos locais para manterse con opcións de permanencia, provocou que os da Pontenova tivesen máis problemas dos esperados para conseguir un resultado positivo.
Nas dúas xornadas que restan, os pontenoveses loitarán por finalizar entre os oito mellores da categoría. Este sábado (Municipal, 18.30 horas) teñen unha boa oportunidade de referendalo ante o Portas Deyma, que ocupa a sexta praza do grupo.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.