Durante 11 días vou a tratar de mostrar a evolución das carrocetas
creadas na Pontenova dende a su recolleita en desguace das famosas
"Italianas" ata a sua reconversión e posterior fabricación en serie do
que hoxe son as carrocetas IPV que tanto nome e sustento lle deron e tan
a dar o noso pobo e que dende logo non hay dúbida de que tamén ocupan
un oco muy importante na HISTORIA DA PONTENOVA.
Inda que esta "peza de museo" non é das mais antigas (mais adiante nouta tempada e noutro tipo de mostras verémos tractores mais antigos) si podemos ver perfectamente as rodas metálicas sobre as que se desprazaba.