jueves, 29 de abril de 2010

FRANCISCO JAVIER ROIS PRES IDE o CIT DE A PONTENOVA

TEXTO: ISABEL GARCÍA
Ainda que sen Revilla, o presidente do Goberno cántabro, a trixésimo segunda edición da Festa da Troita celebrarase este sábado, 1 de maio, por todo o alto. Ou polo menos este é o propósito do organizador do festexo, o presidente do Centro de Iniciativas Turísticas de A Pontenova, Francisco Javier Rois Freijo, que tivo que quedarse sen pregoeiro para o evento este ano, xa que o cántabro tiña problemas de axenda que lle impedían visitar a terra en cuxas minas traballou o seu sogro. (Nota de pontenova.es: O pregoeiro será o alcalde de Abadín)

Que novidades haberá este ano no evento que xira en torno é pesca?
Imos procurar imitar, na medida do posible, a final da Champions League de fútbol na entrega dos trofeos de pesca que terá lugar na casa do Concello contra ás seis da tarde e para iso imos tirar confetti e facer festa en xeral. Polo demais, a consolidación lograda nestes anos para a festa non fai necesario incidir en maiores novidades. O sábado á noite haberá verbena a cargo das orquestas Capitol e Tropicana e outra a noite do sábado, o día grande, cos grupos Amistad e Poceiro, este último ademais amenizará a sesión vermú do sábado e tamén teremos a actuación de Paulo Martinho despois da entrega de premios
. Cantos pescadores están inscritos para os certames?
Son 88 pescadores inscritos en total, 11 na modalidade de mosca seca que ten que comezar o venres ás cinco menos cuarto da tarde en Ribeira de Piquín, porque ata o día seguinte non abren oficialmente os cotos da Pontenova, onde o certame principará ese día ás nove da mañá, despois de concentrarse os participantes unha hora e media antes na Praza dos Fornos. Para a modalidade de lance hai xa 75 inscritos e en xeral, e respecto dos primeiros, veñen uns catro pescadores de Santiago, outros de San Tirso de Abres e a meirande parte da Coruña. Son practicamente os mesmos que os participantes do ano pasado, aínda que o evento coincide co campionato de España de mosca seca ou cola de rata que este ano se celebra en Santiago e coa festa do salmón de Cornellana, en Asturias.
E cantos rapaces de entre 12 e 17 anos van participar no concurso infantil de pesca sen morte? 
Sete, os mesmos que o ano pasado. O máis pequeno ten 12 anos de idade. Un vén dende Lugo, outro de Viveiro e outro de Monforte, o resto son da Pontenova ou arredores. Os certames de pesca, tanto o dos adultos, coma o dos pequenos, rematan o sábado ó mediodía e prevese que ás dúas se pesen as pescatas para estipular a clasificación. Ademais, ás tres da tarde haberá unha comida de irmandade.
Que outros atractivos haberá este ano ademais da pesca?
Pois o venres inaugúrase a exposición fotográfica Río Eo e Festa da Troita no futuro museo do salmón, onde tamén se exporá outra de MariñaPatrimonio sobre a industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur e como tódolos anos, dispútase a carreira popular, nesta ocasión en homanaxe ó atleta Julián Bernal Medina, que sae ás once da mañá da avenida de Taramundi. As inscripcións para esta competición que organiza a sociedade cultural e deportiva Albións, faranse antes da saída da proba, na casa da cultura.
Que obxectos se marca para o CIT no seu mandato? 
Estamos traballando na elaboración e posta en funcionamento da que será a primeira páxina web da entidade, pero ademais é que este ano organizamos por primeira vez unha ruta de sendeirismo por Vilalba. 
Cantos socios ten o CIT? 
Temos 280 socios nestes momentos, dos que 60 aproximadamente son pescadores.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.