martes, 9 de febrero de 2010

Crecen os apoios que piden en Galicia e Asturias a mellora da N-640 e critican a súa deterioración

Un dos propósitos dunha asociación como As Minas era lograr que a súa campaña fose apoiada por outros colectivos. Os primeiros apoios xa se solicitaron, pois tres asociacións do municipio da Pontenova -a de mulleres rurais, a de comerciantes e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT)- expresaron a súa adhesión a esta iniciativa. De todos os xeitos, a intención, como explicou onte Veiga, é trasladar esa petición a colectivos doutros municipios.
O que en cambio se descarta, a pesar de habelo previsto nun primeiro momento, é a posibilidade de dirixirse directamente aos concellos para solicitar o seu apoio a esta medida. Con todo, non se rexeitarán os respaldos que esas institucións lles mostren. De feito, o BNG presentou mocións para reclamar o arranxo da vía: por exemplo, a corporación de Pol deu o seu apoio a esa proposta no pleno celebrado a semana pasada.
Problema «de todos»
Todas as adhesións serán benvidas, como recalcou onte Veiga dada a importancia que se concede á estrada e ao seu arranxo: incumbe «a todos», dixo.

A campaña que reclama melloras para a estrada N-640 (Varres-Vilagarcía de Arousa) no tramo comprendido entre a localidade na que empeza e Lugo segue sumando apoios. As adhesións que se recollen en Internet e coas firmas cuxas follas están repartidas por diversos municipios galegos e asturianos seguen unha tendencia que os promotores consideran moi meritoria.
A campaña púxose en marcha hai varias semanas por impulso da Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova. O seu responsable, Daniel Veiga, manifestou que as adhesións da plataforma aberta en Facebook achegábanse xa ás 900. Ao mesmo tempo, as firmas que se poden estampar en diversos negocios de concellos polos que discorre a estrada seguen á alza. Aínda que Veiga mostrouse prudente nos cálculos sobre o número de apoios, as firmas parecen pasar xa as 1.000.
90 quilómetros
Que hai interese para asinar en demanda do arranxo dos aproximadamente 90 quilómetros que separan Varres, localidade pertencente a Castropol, é algo que parece evidente. Veiga asegurou onte que nalgúns municipios xa se esgotaron as follas colocadas para ese fin.
As firmas recóllense en establecementos e locais públicos de 13 municipios: nove son de Galicia -Lugo, Castro de Rei, Pol, A Pastoriza, Meira, Riotorto, A Pontenova, Trabada e Ribadeo-, e catro, do occidente de Asturias -Taramundi, San Tirso, Vegadeo e Castropol-. Por outra banda, a plataforma ten en estudo a posibilidade de ampliar a recollida de firmas a outros municipios.
De manterse as perspectivas que apuntou onte Veiga, as firmas seguirán recolléndose nos mencionados concellos polo menos durante o que queda deste mes. Como en ocasións anteriores, recoñeceu as súas dúbidas sobre a validez legal das adhesións solicitadas en Facebook, aínda que tamén afirmou que boa parte das persoas adheridas á plataforma en Internet mostraban ademais a súa disposición a asinar nas outras follas postas a disposición dos interesados.
Críticas
A plataforma tamén critica algunhas reparacións levadas a cabo nos últimos meses en lugares da N-640 como o municipio da Pontenova, posto que considera que nin resolven as diversas deficiencias da vía nin este é o momento do ano adecuado para levalas a cabo.

La asociación As Minas de A Pontenova sigue reclamando mejoras en la N-640. Recogen firmas en Casa Enrique y Restaurante Peñamar (Castropol); en La Barrica, Bodegón Miranda, Electricidad Felipe García, AXA y Mesón Barbeiro (Vegadeo); en gasolinera Randeo, de San Tirso; en Bar Salas y Paulino (Taramundi); en Madison, Telbar, La Quinta Esencia y bar de estación de bus, en Ribadeo; en Bar Villapol, Mesón Camiño Norte, Fornacho y farmacias, en Trabada, y en el centro de salud, gasolinera, Papeleo y Eugenia, Orli e Jaer, farmacia de Amador, Montes, Puente, Río Eo, Lennon, A Mina, Carnicería Gavín y clínica Son Saúde, en A Pontenova.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.