O pasado sábado visitaba a Mina o único equipo capaz de vencer ó
Sporting na primeira volta, o Viveiro "B". Nos locais, a ausencia de
Matelo, máximo goleador, parecía que iba mermar en ataque ós de Moirón
pero iso non ocurriu, nin moito menos, xa que a capacidade goleadora do
equipo non se resentiu o máis mínimo. Presumíase unha tarde fría no
campo pontenovés, pero os goles, que chegaron rápidamente, axudaron a
entrar en calor ó público presente.
Pouco tardou en quedar o partido
visto para sentencia. Antón foi o encargado de inaugurar o marcador, e
ós poucos minutos Arango poñería o 2-0 cun trallazo dende fóra da área
que se cola pola escadra. Non destaca o mediocentro pontenovés pola súa
aportación goleadora, pero cada vez que consegue perforar o marco
contrario faino con auténticos golazos. Aínda quedaba máis por ver
neste primeiro tempo. Antón volvería a mollar para facer o terceiro, e
moi preto de chegar o descanso foi Christian quen conseguiu o cuarto
con outro gran gol. Así se chegou ó descanso, co partido totalmente
sentenciado pero cun Sporting que non baixaría a intensidade nos
seguintes 45 minutos.
Dende a primeira xogada os de Moirón
demostraron que non estaban para nada conformes cos 4 goles. O
protagonista neste segundo tempo foi Turbo, que conseguiu o cuarto ó
pouco de comezar cun gran disparo dende fóra da área que superou ó
porteiro por alto. O seguinte en ver porta sería Picota, que cazou un
rexeite dentro da área pequena logo dunha xogada pola banda dereita.
Iban 6, pero non tardou en chegar o 7º, outra vez obra de Turbo, que
definiu cunha gran vaselina ante a mala salida do porteiro vivariense.
Cabe destacar tamén neste segundo tempo a aportación de Christian, que
foi un auténtico pesadelo para os defensores celestes coas súas
cabalgadas pola banda. Tamén Javi estivo a punto de marcar en dúas
ocasións, pero en ambas o poste impediu que conseguise o seu primeiro
tanto do ano. O encargado de cerrar o marcador foi Bruno cun remate de
cabeza á saída dun córner. Conseguíu asó o 8-0 definitivo co que se
chegou ó final do partido.
Tras este triunfo, os de Moirón reforzan
aínda máis o primeiro posto e ven máis cerca o momento de asegurar
definitivamente a súa presencia na fase de ascenso. A seguinte fin de
semana os da Mina viaxarán a San Miguel de Reinante para medirse ó
Iberia, colista da competición.