domingo, 6 de diciembre de 2009

CAMPIÓNS DE INVERNO



O equipo dirixido por Dani Moirón, proclamase matemáticamente Campeón de Inverno, logo de impoñerse por 1-3 ao San Ciprián no Campo Viñas da Veiga. O equipo visitante contou  coa novidade de Diego Ramallal no lateral dereito, dandolle así descanso a Hugo Leivas. O equipo de Moirón saíu ben plantado no terreo de xogo, creando multiples ocasións de gol e tendo o dominio total do partido. No minuto 30 o equipo visitante adiantabase por medio de Matelo que transformou un penalty por mans do defensa na área.
O segundo gol, chegou antes do descanso, logo dunha fermosa xogada entre Matelo, Christian e Turbo, que foi o que finalmente rematou cun fermoso tiro que se colou pola escadra esquerda da meta defendida por Saúl. Con este resultado o partido chegaría o tempo de recreo.

Na segunda metade o partido seguiu co mesmo guión, coa novedade da incorporación de Hugo Leivas no terreo de xogo. Hacia o ecuador da segunda metade chegaría o terceiro gol, obra de Antón logo dunha boa asistencia de Ayoub, que entrou no terreo de xogo en detrimento de Matelo, que acarreaba uns graves problemas musculares que lle impediron o dianteiro asturiano rematar o encontro.
De ahí ata o final, o equipo visitante dispuxo de multiples ocasións, pero cando mellor estaban estes, chegou o gol local, logo dun despiste de Xoel a un tiro frouxo e lonxano do dianteiro do San Ciprián.

Con 39 puntos, e a falta dunha xornada para o remate da primeira volta, na que o noso equipo descansa, somos matematicamente campións de inverno.

O próximo partido será o vindeiro día 19, no Manuel Luna de Pol, no que será o comezo da segunda volta.



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.