sábado, 7 de noviembre de 2009

O SPORTING VENCE E CONVENCE (0-4) PASTORIZA-PONTENOVA


DANIEL MOIRON CONTOU CUN BANQUILLO DE LUXO

No "sigue leyendo" as fotos do partido.
O dificil desprazamento desprazamento do equipo xuvenil nesta xornada o renovado Campo do Acebreiro en A Pastoriza, saldouse cunha nova victoria para o equipo de Dani Moirón por un contundente 0-4.

A primeira metade foi de tanteo por parte dos dous equipos, pero o equipo visitante, chegaba con perigo a porta contraria con claras ocasións de Matelo, Antón e Turbo. Pero abería que esperar ata o minuto 44 da primeira metade, cando unha excelente combinación entre Turbo e Matelo acaba co primeiro gol para o equipo visitante, obra o dianteiro asturiano que xa leva 14 dianas no campionato.

Na segunda metade o equipo de Moirón saiu outra vez enchufado, non dandolle ningunha opción o equipo local, e así chegaría o segundo tanto, obra de Antón, logo dunha maxistral xogada e Christian pola banda que asiste a Matelo que é o encargado de realizar a asistencia.
O terceiro gol chegaría logo dunha falta botada por Antonio, que Turbo remata acrobaticamente acadando o terceiro. E finalmente, unha gran internada de Matelo, que asiste a Turbo e este logo de levar o seu defensor estrela un impresionante trallazo na escadra da porteria local, cerrando así o resultado. A partir deso, o adestrador visitante aproveitou para darlle minutos a xente menos habitual, ainda que o marcador puido ser mais abundante.

Dar as gracias a todos aqueles que se desprazaron animar o equipo, ainda que a mañá non estivera moi agradable.

A próxima xornada visita o Campo da Mina o Cospeito, colista da categoría.
No "sigue leyendo" as fotos do partido.







VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.