viernes, 7 de agosto de 2009

A Pontenova celebrará o Baixeo e o Faragull-Eo o sábado 15


A Sociedade Deportiva Albións de A Pontenova celebrará o vindeiro 15 de agosto o popular Baixeo, «baixada polo río Eo en toda clase de artefactos flotantes», e o Faragull-Eo. O descenso polo río ten aproximadamente cinco quilómetros. Os participantes concentraranse na praza do Concello ás 10.30 horas. Media hora despois sairán en dirección a Piagaponte. A baixada comezará ás 11.30. Está previsto que a chegada ao Pozo da Ola teña lugar sobre as 14.30 horas. Nese momento dará comezo a degustación de faragullos, prato típico da Pontenova e de zonas limítrofes, elaborado con fariña, ovos, leite, auga e sal. A inscrición custa 10 euros, a ingresar na conta 2091-0137-09-3000042037.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.