viernes, 17 de julio de 2009

«No ciclo 'A caixiña dos mistos' ofertamos pelis para os nenos»


Un dos socios de Mr Misto, Xoán Mariño (Vilagarcía de Arousa-1975) coordina unha iniciativa lúdica e cultural que a partir da vindeira semana cruzará toda A Mariña animando aos máis pequenos, dende os 2 anos, a achegarse ao mundo do cine. Fano a través da «Caixiña dos mistos», unha caravana con proxeccións de ata 20 minutos máximo e talleres como os de plastilina que estará o 6 de agosto na Pontenova.
A VOZ DE GALICIA.

Sigue leyendo...





-¿Cal é a razón de ser do ciclo?

-Curiosamente levamos hai 6 anos longos con esta teima de mover produción galega e non galega que hai nos caixóns. Co tempo xurdiu unha proposta máis dos propios concellos, que nos demandaban unha programación infantil. Aí xurdiu a idea, onde podemos encaixar traballos de animación, que non hai moito, contidos propios para nenos.

-¿Como son as sesións?

-De 4 minutos a algo máis de 20, para uns 15 ou 18 nenos cada vez, que entran por grupos de idades según a peli que se vai botando. É unha programación a carta. Hai 25 pelis, algún programa de televisión, algunha curta...

-¿Como resulta a acollida?

-A verdade é que estamos moi sorprendidos da acollida. Hai días en que entran na caravana máis de 300.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.