viernes, 5 de junio de 2009

EL GRUPO SOCIALISTA EN A PONTENOVA PIDE RESPONSABILIDADES A LOS CONCEJALES POPULARES


Desde el Grupo Socialista muestra su acuerdo con la supresión de la plaza de Arquitecto Técnico y la creación de una plaza de Arquitecto Superior acordada en los presupuestos del año 2009, con independencia de las consecuencias laborales que tuvo para quien ocupaba la plaza de forma interina. Por lo tanto es demagogia e hipocresía por parte del PP culpar al gobierno actual de la situación generada, cuando es consecuencia de la política laboral del PP, basada en la arbitrariedad y en la inseguridad jurídica de los trabajadores.
COPE DE LA COSTA

Sigue leyendo...



No caso do arquitécto técnico municipal prodúcese ademais unha circunstancia moi grave que demostra a auténtica irresponsabilidade ca que gobernou o PP. Este traballador en paro e cobrando do INEM tras un contrato rematado co Concello da Pontenova que lle facilitou o acceso á prestación de desemprego, realizou e facturou ao Concello, durante este período como desempregado, servicios profesionais idénticos aos que prestaba como asalariado.
Existen no Concello facturas e ordes de pagamento firmadas polo entón tenente de alcalde do PP, hoxe voceiro na oposición, e pola tesoreira, hoxe concelleira na oposición.
É moi grave que representantes políticos, neste caso concelleiros entonces con responsabilidades de goberno, fagan de colaboradores necesarios nunha fraude ao INEM, mentras no colmo do cinismo dín que defenden aos traballadores.
Pasados uns anos, cando o Concello está a cumplir estrictamente ca lei, préstanse a ser testemuñas da parte demandante contra o Concello e polo tanto contra os intereses xerais dos veciños da Pontenova. O seu testimonio provoca un quebranto económico do que deberán dar explicacións, cando menos, ao pleno do Concello e á Cidadanía en xeral.
A testemuña do Voceiro do PP, antes Tte. Alcalde, e do Concelleiro que antes o foi de obras, é recoñecido na propia sentencia como fundamental para o cálculo da antigüidade do traballador e polo tanto para calcular o importe da indemnización e pode supoñer para as arcas municipais uns 9.000,00 euros por encima do que lle correspondería de acordo cas probas documentais aportadas para o xuizo.
O simplismo político no que se instalou o PP da Pontenova onde todo vale para criticar e para denigrar ao goberno socialista do Concello, xunto co seu discurso tan destructivo como valeiro e inútil, ven de ter o seu máximo exponente nesta testemuña contra o Concello.
A declaración destes concelleiros lonxe de tapar vergonzas da súa etapa de goberno ven de poñer moi claro e fotografiar o seu estilo de gobernar e comportarse ao marxe da lei e ao marxe da ética.
Estes dous concelleiros do PP son capaces de testemuñar contra os intereses e a legalidade que xuraron defender con tal de facer un favor a un técnico municipal que tamén confesou clara e documentalmente unha fraude da que foi colaborador necesario o goberno do Partido Popular do que formaban parte estas testemuñas.
Dende un un punto de vista cidadán un ten que pensar que debeu haber algún tipo de contraprestación, pago ou favor por parte do ex técnico do Concello para que dous representantes políticos se recoñezan colaboradores nunha fraude e se sitúen claramente ao marxen da lei cando exercían responsabilidades de goberno. Realmente ca súa declaración, estaban pagando algún favor?.
Dende un posicionamento ético e político é esixible que estes concelleiros do Partido Popular ademáis de dar explicacións claras e convincentes sobre as declaracións e documentos que os implican, asuman de inmediato responsabilidades políticas á medida do seu comportamento.
O Grupo Municipal Socialista apoia ao Goberno municipal no recurso contra a sentencia e vai pedir que por parte dos servizos xurídicos do Concello se estudie a posibilidade de exercer accións legais contra os concelleiros, tanto no exercicio das súas anteriores responsabilidades de goberno como nas actuais como concelleiros e testemuñas.
Cremos que tamén o ex técnico debería devolver ao INEM as prestacións cobradas fraudulentamente ou, de non facelo así, devolver ao Concello as cantidades facturadas por traballos efectuados mentras cobraba como desempregado.
Estes comportamentos do ex técnico e dos concelleiros, ademais de ilegais, son rexeitables dende calqueira punto de vista. Polo tanto deberán asumir as responsabilidades económicas e legais correspondentes, con independencia das que políticamente lles correspondan e que lles esixiremos con total contundencia.
Dende o grupo socialista do Concello da Pontenova non imos admitir que dende o PP se nos dean leccións da defensa dos traballadores, xa que logo foi o PP quen durante máis de 20 anos non convocou unha sola selección de persoal libre onde primase a igualdade de oportunidades, o mérito e a capacidade. Directamente todas as contratacións foron “a dedo” ou con prazas feitas á medida dos distintos traballadores. A política laboral do PP basouse durante estos máis de 20 anos en dous únicos criterios: o da inseguridade dos traballadores por non teren unha situación laboral definida e o dos feitos consumados cando as prorrogas das situacións irregulares convertiron a moitos dos traballadores do concello en indefinidos. O fraude de lei sempre foi o mellor aliado do PP na Pontenova tanto no eido laboral como urbanístico ou administrativo.
Non podemos consentir, po hixiene democrática, que se alce en adalid da defensa dos traballadores quen vai testificar a favor dun traballador que recoñece aberta e documentalmente que cometeu fraude no cobro de prestacións por desemprego ca complicidade do Partido Popular que gobernaba no Concello e que defendeu ó igual que agora os intereses particulares dun traballador fronte os dereitos dos demáis, e pagou relixiosamente as facturas por servicios prestados na súa etapa de parado.
Son moi graves estes feitos pero moito máis grave é que o voceiro do PP, que firmou ordes de pago de facturas de dudosa legalidade emitidas por este ex traballador do Concello, siga mantenendo o seu criterios e utilizándoos non somentes como un insulto aos que temos a responsabilidade de gobernar, senón tamén á intelixencia dos cidadáns da Pontenova.
¿Cómo pode dicir o Voceiro do PP que o goberno socialista da Pontenova saltou á torera a normativa laboral? As sentencias das que fala este defensor dos dereitos laborais deste traballador ó igual que as anteriores son única e exclusivamente consecuencia das contratacións irregulares do PP, todas e cada unha delas. Polo tanto quen se pasou polo arco de triunfo a lexislación laboral, a ética e a estética foi quen tivo responsabilidades de goberno cando se fixeron estas contratacións, é dicir o voceiro do Partido Popular e o seu grupo. As consecuencias son estas, recoñezao ou non o Partido Popular dende a súa irresponsabilidade e as súas falacias.
Fronte á hipocresía, o cinismo, a irresponsabilidade e as falacias do Partido Popular da Pontenova, os feitos tozudos seguen a darnos a razon.
A continuación acompañamos unha relación de traballos e facturas recibidas e/ou pagadas polo Concello da Pontenova ao Técnico municipal mentras estaba percibindo prestacións de desemprego, tal e como se recollen os feitos probados na sentencia e que responde ao seguinte literal: “Del 28 de junio de 2000 al 19 de junio de 2001 el actor permanece inscrito en la Seguridad Social como pereceptor de prestación por desempleo por extinción de contrato”.

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.