jueves, 2 de abril de 2009

Na Carballeira, obxectivo borracheira


O bo tempo animou a milleiros de estudantes chegados de toda Galicia a participar no macrobotellón universitario que se celebrou no entorno de Acea de Olga.
Amigos de Asturias, Santiago, Vigo, Ourense, Culleredo ou A Pontenova, pero con algo en común: todos estudan no campus lucense.

Sigue leyendo...



Cantouse, falouse e trouleouse, pero para boa parte dos milleiros de estudantes que acudiron á Carballeira o importante era «beber para coller unha boa borracheira». «Ando a vino con sidra», comentaba Óscar Prieto, que cursa enxeñería na Politécnica. Cerca, Heiki mesturaba «vodka con Sunny de fresa». Nunha das dúas celebracións multitudinarias da vida universitaria en Lugo -a outra é o San Cidre- abundaron o o calimocho, o ron, os licores e «as cervexas máis baratas do Mercadona», sorriu Tino de Muimenta. «72 birras por 15 euros». Formaban a súa pandilla amigos de Asturias, Santiago, Vigo, Ourense, Culleredo ou A Pontenova, pero con algo en común: todos estudan no campus lucense. Sobre as cinco da tarde o sol animaba a moitos a deitarse na herba mentres daban conta das primeiras copas. Un grupo de rapazas «de Enfermería», aínda serenas, afirmaban que «mañá [por hoxe]» estarían na clase ás oito da mañá. Os únicos 4 baños móbiles instalados polo Concello parecían suficientes.

Dúas horas máis tarde, o alcohol xa facía estragos. Bolsas, vasos rotos e botellas entorpecían o paso e enchoupaban o chan. O amargo cheiro que o enchía todo, mesturábanse en sitios co dos porros que se liaban preto dos poucos axentes uniformados -fontes municipais falaron de catro patrullas- que parecían controlar a festa.

A música after non pagaba a algarabía, que a esa hora xa se escoitaba a centenares de metros. A maioría dos bares de Acea estiveron pechados nun día en que calquera sitio era bo «para botar unha mexada», como sorrían dous rapaces. Por Fontiñas, avenida de Madrid e Fingoi aínda transitaban rapaces cargados de bebida en dirección á carballeira. E xa había moito que o contedor e os catro urinarios mixtos chegaban a pouco. O Concello indicou que houbo unhas 2.500 persoas e que dúas personas foron denunciadas por «ouriñar» na vía pública.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.