jueves, 23 de abril de 2009

Javier Acebras: «A xente de A Pontenova que está fóra é a que máis agradece o blog»


 Pagina web do taxi
Javier Acebrás (A Pontenova, 1977) é un xoven polifacético: taxista, condutor de autobús, camareiro e creador do blog www.pontenova.es no que colga noticias sobre a sua terra natal.

Entrevista




-Falando do sector do taxi, ¿vai ou non sobre rodas actualmente?

-Funciona ben, tanto o autobús coma o taxi. No autobús non se nota a crise, no taxi notouse un pequeno baixonciño... pero non demasiado.

-¿Como compaxina todo?

-É complicado sobre todo a fin de semana, cando coinciden as saídas do autobús coas extras de camareiro pero xa estou deixando algo de lado este porque non me podo partir en tres.

-E o do blog, ¿como xurdiu?

-Como no taxi temos moitos ratos libres dende alí me conecto. É unha maneira de pasar o tempo. Eu nacín e vivín sempre aquí. Naceu por ter información da Pontenova e por dala a coñecer. Marcas en Google e vai directamente ao meu blog. Está pasando das 500 visitas diarias. A xente de a Pontenova que está fora é a que máis agradecementos me da por facer este blog.

-Algunha anécdota dalgunha das actividades que realiza.

-No autobús habería mogollón pero para reseñar. Aos vellos lévoos moi ben, moi ben, é perfecto cando fago as excursións de terceira idade. Co blog chámame a curiosidade da xente para saber cousas. Hai un evento o fin de semana na Pontenova e o luns aparecen mil visitas. O tema da política é un pasada, é o que máis tirón ten.

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.