jueves, 19 de marzo de 2009

No mercadillo de Semana Santa haberá novidades; Carlos Bermúdez Presidente da asociación pontenovesa de comerciantes e empresarios


A Acia da Pontenova organizará, os días  e  de abril, a segunda edición do mercadillo de Semana Santa. Preparan algunha novidade?
Si, en vez de traer artesanía, coma na edición anterior, haberá uns doce postos de productos ecolóxicos. Xa es tamos en contacto con distintos productores da zona para traer artigos frescos e envasados. Ademais, haberá outros tantos postos colocados todos nos baixos do que ía ser o Museo do Salmón, ó lado da casa da cultura, para os comerciantes locais, con expositores de roupa, libros e pasteis, entre outros. Na explanada dos Fornos, os máis cativos disfrutarán de actividades de animación os dous días. Sortearáse unha cesta entre os que participen na xornada e haberá descontos nos restaurantes da zona.
Haberá espazo para a artesanía?
Un coñecido zoqueiro de Mondoñedo montará unha exposición na oficina de turismo local e impartirá tamén un obradoiro.
Agardan superar a cifra de preto de 2.000 persoas que asistiron o ano pasado?
Si, porque ademais agarda mos que haxa mellor tempo ca na anterior edición, a pesar de que competimos coa feira dos queixos de Taramundi.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.