sábado, 28 de marzo de 2009

Importante partido do Grupo Junquera, obrigado a gañar o Superti para seguir optando á terceira praza


Ademais de polo factor cancha (Fontecarmoa, 16.45 horas) , o Grupo Junquera parte como favorito ao trunfo se á táboa ligueira nos atemos. Con 45 puntos en 23 partidos, o cadro local aventaxa en 7 puntos o seu rival de turno.

Sigue leyendo...




Rematar a Liga na terceira praza da Primeira Nacional B é o fin que está a animar estas semanas o plantel do Grupo Junquera. A derrota hai sete días na cancha do Calotoloyo Concello de Sarria relegou o conxunto vilagarcián ao quinto posto da táboa, polo que os homes de Juáncar non poden permitirse un novo tropezo no día de hoxe fronte a outro rival lucense, o Superti Pontenova.

Ademais de polo factor cancha (Fontecarmoa, 16.45 horas) , o Grupo Junquera parte como favorito ao trunfo se á táboa ligueira nos atemos. Con 45 puntos en 23 partidos, o cadro local aventaxa en 7 puntos o seu rival de turno.

De todos os xeitos, o equipo arousán é consciente de que non caben confianzas no encontro desta tarde, coa derrota por 4-2 na partido da primeira volta contra o Superti Pontenova ben presente.

Con todo o seu plantel dispoñible, o Grupo Junquera debera poder desplegar o fútbol sala rápido e contundente que gusta de presentar como tarxeta de visita. Na mente dos de Juáncar, anular os 2 puntos de desvantaxe que a día de onte lle sacaban o Esteo FS e o seu último verdugo, o Calotoloyo Concello de Sarria.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.