sábado, 28 de febrero de 2009

Sporting 3 - 2 Meira‏


Importantísima victoria a conseguida polo Sporting xuvenil este fin de semana no campo da Mina frente a un duro e correoso rival como foi o Meira.Logo dunha primeira parte moi mala por parte do equipo local, chegouse ó descanso cun resultado de 0-1 sen ningunha ocasión que salientar.No comezo da 2ª parte, o Sporting saliu moi enchufado confiado en dar a volta ó marcador,e no minuto 5 Jorge aproveitábase dun error do porteiro visitante e establecía o empate,e soamente 5 minutos máis tarde,de novo Jorge marcaba o 2-1 tras un gran pase entre liñas.Con este resultado o partido enfriouse,pero despois dunha falta de entendemente entro o porteiro local e o central, chegou o 2-2 que parecia que ia ser difinitivo.Pero cando faltaban 8 minutos para o final, logo de gozar dunhas boas ocasións anteriores, chegou o difinitivo 3-2 obra de Andrés Seoane que acaba de entrar no terreo de xogo e difiniu o partido, con un gran gol axustado ó pau da portería meirense.E así rematou este duro partido, un dos máis complicados que quedaban no que resta de liga.Con esta victoria,o Sporting continua terceiro pero con un partido menos, contra o colista Iberia, que se o gaña, colócase segundo e de novo en postos de ascenso a Liga Galega,na vindeira xornada desplazamonos a Cospeito para medirnos ó antepenultimo clasificado.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.