domingo, 15 de febrero de 2009

Sagrado Corazón 5 - 0 Sporting‏ xuvenil


Duro correctivo o que recibiu o Sporting xuvenil na súa visita ao líder,o partido presentábase emocionante, Sagrado Corazón con 43 puntos e o Sporting con 42, so un punto separaba os dous equipos na clasficación.O partido comezou moi equilibrado, cunha clara ocasión de Jorge logo dunha xogada individual pola banda que se marchou ó exterior da rede da portería.Logo,no minuto 15 penalty a favor dos locais e gol,e 5 minutos despois gol ó saque dunha falta ó segundo pau.O Sporting volveu ter unha clara ocasión nas botas de Matelo que atrapou o porteiro e asi se rematou a primeira parte, moi equilibrada pese ao resultado.Na reanudación, un monólogo local, que controlou todo o partido e realizando un gran xogo de medio campo e creando multitude de ocasións, ata chegar ó resultado final de 5-0.

Sigue leyendo...



Con este resultado, por primeira vez o Sporting xuvenil sae dos postos de ascenso a Liga Galega e quédase a 3 puntos dos mesmos, ainda que hai que ter en contra que o segundo clasificado ahora, o Foz, ten que visitar ó Sagrado corazón na xornada aplazada polo temporal.Na vindeira xornada, o 28 de febreiro, recíbese ao Meira na Mina no que esperamos alcanzar de novo a segunda plaza.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.