viernes, 27 de febrero de 2009

HUMBERTO PAZ Presidente da Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira de Saldoira (A Pontenova)


A Asociación de Veciños San Pedro de Ribeira de Saldoira (A Pontenova) recupera a súa actividade, aínda que non esquece o incendio que hai anos afectou ao seu centro social Blanca Muruais (dedicado á mestra que alí viviu e deu clase), restaurado polo Concello. Alí mañá haberá ás 19.00 unha charla do doutor Fernando Veiga, xefe da Unidade de Xeriatría do Xeral-Calde en Lugo e natural de Herbelle (A Pontenova), «Como envellecer satisfactoriamente». A asociación, cuns 60 socios familiares, presídea Humberto Paz (Mosteiro-Pol, 1955) dende a súa fundación no 90. Outras citas previstas para este ano son, en marzo, o cocido do entroido (día 7), unha conferencia sobre a Lei de Dependencia a cargo de Julio Morandeira (28), en abril un festival de música dos anos 60 (18), en maio a festa da primavera (9), en xuño as de San Xoán e San Pedro, o patrón, etcétera.

Sigue leyendo...





-Van recuperando a actividade en San Pedro da Ribeira, ¿non?

-Naquel incendio o noso centro social ardera por completo, quedaran as paredes de fóra nada máis, a cuberta de madeira queimárase toda. Agora está reconstruído como estaba máis ou menos. Coa conferencia de Fernando Veiga recuperamos a actividade no centro social e practicamente a da asociación. Mentres se restaurou fixemos algunha cousa na Pontenova no local das asociacións pero poucas porque estamos ligados ao centro social. Este e a área de descanso da capela naceran das nosas reivindicacións.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.