martes, 24 de febrero de 2009

Entrevista: José Manuel Álvarez Edil de Cultura no Concello de A Pontenova, que organizou a primeira Festa da Filloa


Como resultou esta primeira Festa da Filloa que fixeron o venres, como inicio do Entroido?
Foi unha experiencia piloto e por iso non houbo gañador, pola contra, entregamos obsequios ós tres participantes que tiveron que facer o maior número de filloas posible mentres duraba o concerto da escola municipal de música. Os concursantes, Pilar, de 65 anos, Elena Álvarez, de 54 e Ángel Navia, de 66, superaron as cincocentas en case dúas horas, aínda que ían desaperecendo rapidamente en canto se facían porque as ía collendo o público asistente, unhas trescentas persoas.
Podería destacar algunha anécdota que se producira na xornada?
Aparte de que a xente pasouno moi ben resultaba moi curioso ver a Ángel Navia dándolle a volta a filloas enormes, duns trinta centímetros de diámetro, sen tocalas, volteábalas no aire. Ademais, empregáronse tixolas de ferro para facelasó estilo tradicional.
Teñen pensado en repetir a cita en vindeiras ocasións?
Sí, dado o éxito que tivo, sobre todo en canto a número de comensais o vindeiro ano xa decidimos volver a facela nesta datas próximas ó día de Entroido.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.