jueves, 29 de enero de 2009

CONCENTRACIÓN TRABALLADORES DAS FUNDACIÓNS COMARCAIS DE DESENVOLVEMENTO RURAL


CONCENTRACIÓN
TRABALLADORES DAS FUNDACIÓNS COMARCAIS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

xoves, día 29 de xaneiro de 2009
ás 12:30h.

diante dos Edificos Administrativos da Xunta de Galicia
San Caetano - Santiago de Compostela
(explanada buses)

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A finalidade desta CONCENTRACIÓN é para esixirlle a MEDIO RURAL que garanta a estabilidade laboral de TÓDOLOS TRABALLADORES das FUNDACIÓNS COMARCAIS de DESENVOLVEMENTO RURAL.

O persoal que presta servizos nas fundacións comarcais esixe garantías de ESTABILIDADE LABORAL para que, no caso de que algunha das 34 Fundacións Comarcais chegara a disolverse como consecuencia da aplicación da Lei 13/2008 de modificación da lei 7/96 de Desenvolvemento Comarcal, se lles garanta aos traballadores afectados a opción de integrarse a prestar servizos na administración autonómica ou nas sociedades ou entes públicos que proceda, do mesmo xeito que xa se lles garantiu expresamente na mencionada lei ao resto de traballadores do Plan de Comarcalización (SODECO e CENTROS COMARCAIS) que foron integrados en AGADER.

Convoca CC.OO.
¡¡¡participa!!!

Santiago, 20 de xaneiro de 2009
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.