viernes, 21 de noviembre de 2008

O Superti recibe mañá a visita do Automoción La Junquera de Vilagarcía de Arousa (Municipal, 17.30 horas)


O Superti derrotou ao Troula de Betanzos por 1-3. Os pupilos de Josiño fabricaron menos ocasións que en xornadas anteriores, pero amosaron unha maior efectividade de cara ao marco contrario. O técnico pontenovense cualificou a vitoria como «de seis puntos, xa que foi ante un dos nosos rivais directos. Era importante ganar porque o necesitabamos animicamente e para non complicar en exceso a nosa situación clasificatoria», manifestou.

Sigue leyendo...



Os da Pontenova reciben mañá a visita do Automoción La Junquera de Vilagarcía de Arousa (Municipal, 17.30 horas), no que será un encontro máis difícil para o cadro mariñano. Así o ve tamén Josiño, que agarda «un choque máis duro que o do sábado, ante un equipo cun potencial moi superior». Porén, o equipo pontenovense prepara a cita «con moita ilusión, xa que agora temos unha serie de rivais difíciles, pero ao ter os deberes feitos de antemán encarámolos con moita tranquilidade», argumentou Josiño.VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.